
Movemento 6 para Kassa
Ola, que tal estás?
Con este sexto movemento, pechamos o ciclo de movementos para Kassa.
Este é o movemento que utilizamos na enchauffment, no final do ritmo, para despedirnos subindo a intensidade.
A coordinación básica non é moi difícil, pero pillarlle o “flow” para poder mover a cabeza… é cousa da experiencia que só ven con repeticións.
Pero veña, primeiro é a base, así que ponte con elo!
Si acabas de chegar a este entorno, déixoche os links ós cinco vídeos anteriores para que poidas aprender tódolos movementos:
En clase temos traballado algúns movementos máis e unha frase (que son moitos movementos enlazados) que ten bastante chicha.
Tal e como teño a córeo final na cabeza, creo que vai quedar moi bonita, pero esto teño que probalo cas alumnas, así que non che podo dicir como quedará.
Quizais poida gravar un vídeo e ensinarche o resultado, pero non prometo, non prometo… Quizais queira gardar a sorpresa para as mostras ou simplemente quizais queira contarche tantas cousas que teño na recámara que non teño espazo para poñerche o vídeo.
Xa sabes que si te queres animar a bailar, embaixo tes info para as Aulas Regulares e as Xornadas de Portas Abertas.
Feliz semana!
Próximas ocasións para bailar:
En xaneiro comezamos trimestre novo! O que significa que te podes incorporar ás aulas (ou si xa ves e queres continuar, non esquezas dicirmo en clase) ou vir probar nas xornadas de portas abertas.
Solicita praza antes do 31 de decembro
Non sabes canto che agradezo que me axudes a difundir esta información! Boca-orella, emails, RRSS…
- 14 de decembro en Vimianzo de 17h a 18h, no Furancho Deportivo. Masterclass gratuíta de Danza Malinké. É gratuíta pero tes que reservar praza chamando a Victoria no 623 178 682
- Información actualizada sobre os próximos cursos aquí.
Deja tu comentario