Sinto a chamada…
Tes algunha dúbida sobre as clases de danza africana?
Na sección escola desta web podes atopar información detallada sobre a miña oferta formativa, incluíndo horarios, lugares e datas. Se cadra xa atopas alí a resposta que buscas.
No caso de que precises algo máis son toda oídos, embaixo tes o meu contacto.
Queres contratarme para impartir un taller?
Organizo intensivos de danza africana como complemento das aulas regulares e tamén outros máis experimentais.
As modalidades poden chegar a ser moi creativas. Dende os tradicionais intensivos con adultos ata danza en familia ou obradoiros infantís nos que bailamos imitando os movementos dos animais. Incluso podo mesturar a tradición musical africana e galega.
Teño debilidade pola divulgación da danza en calquera contexto. Xa impartín en diversos festivais, escolas, asociacións e incluso na Universidade de Santiago.
Colaboro regularmente con Danzalia Mundi e Can Cun Quinqué.
Tal vez interésaste polo grupo Perfusión?
Ademais de impartir clases nas diferentes modalidades, investigo e experimento co meu grupo Perfusión.
Xuntos realizamos concertos con música e danza que mesturan a tradición galega e africana, incluíndo instrumentos como a gaita e o dundún.
Se queres estar informado das nosas actividades, podes consultar aquí a páxina de Facebook.
Se cadra sintes curiosidade por saber máis de Galinké?
O miña implicación profunda pola música e a danza africana levoume a crear unha asociación que achega esta cultura á xente.
Unha vez ó ano celebramos o Galinké Folí, un festival de música africana en Santiago de Compostela no que as miñas alumnas poden participar como bailarinas.
Suscribíndote á miña páxina estarás informada de todas as actividades públicas que organizamos, pero se queres seguir a faceta máis persoal dos membros e membras de Galinké podes visitar aquí a súa páxina de Facebook.
Ou simplemente queres contarme algo especial…
Contacta comigo
Podes escribirme a través do correo electrónico info@danzataniaveiga.com ou usar o seguinte formulario.
Respondo sempre:)