
Movemento 3 para Kassa
Moi boas!
Hoxe toca o movemento 3 para o Kassa que estamos montando nas Aulas Regulares deste curso 2019 – 2020.
É doado, xa verás, pero non por isto imos prescindir dunha boa técnica. De feito, é cos movementos máis sinxelos cos que podes ter conta de que teu corpo estea ben colocado para bailar sen magoarte.
E da gracias de que non che ensino este movemento antes de xuño deste ano 2019.
E lo, que pasou en xuño?
Que fixen un curso maravilloso con Vincent Harisdo no que me botou por baixo algunhas ideas preconcebidas sobre a Danza Malinké. Entre estas ideas estaba a de ter que bailar sempre cos xeonllos flexionados, na nosa postura báseca.
Por iso verás que este movemento (movemento 3 para Kassa) é un combinado de dous e hai dous niveis, abaixo e arriba que é cando descansamos. Si cho ensino antes de coñecer a Vincent, estariamos sempre abaixo, os cuádriceps a ferver, e a nosa lumbar e xeonllos forzados.
Veña, que non sei fai duro gracias a Vincent 😉
Tes que rematar o exercicio co cesto cheo. Agora que estamos no outono, pois podes apañar castañas e mazás 😉
Por si te perdiches os movementos anteriores
–> Aquí podes practicar o Movemento 1
–> Aquí podes practicar o Movemento 2
Abur!
Próximos cursos
- 25 de novembro de 19:30h a 21h en Pangea (rúa Vila de Noia, frente ás instalacións deportivas). Masterclass gratuíta. Aquí tes máis info.
- Información actualizada sobre os próximos cursos aquí.
Deja tu comentario