Política de cookies2018-05-08T13:25:00+00:00

Política de Cookies

Queres saber que son as cookies (galletas ;)) e como as utilizamos?

Resumindo moito moito, as galletas son un pequeno texto/código que nos permite recoller as túas preferencias mentres navegas pola web. Nin son virus nin é spam e ademais podes tanto eliminalas como bloquealas.

A continuación tes a información máis detallada sobre as cookies. Si queres tamén podes consultar a información sobre a Política de Privacidade e a Protección de Datos e os Termos de Uso da Web.

 

Que é unha cookie?

É un pequeno código que se almacena no teu navedador (Chrome, Mozilla, Safari…).

NON é un virus, nin spam, non é malintencionado.

 

Para que valen as cookies?

Unha vez que entras na nosa web, almacenamos información sobre a túa navegación dentro dela, como por exemplo, canto tempo estiveches dentro e que páxinas che interesaron.

NON almacenamos nin datos bancarios, nin fotografías ou información persoal.

NON se che asocia a ti persoalmente con esta información se non ó navegador do teu dispositivo. Esto quere dicir que si cambias de navegador, a información xa será diferente para nós.

 

Que tipos de cookies hai?

Por unha banda existen as cookies técnicas, que son as básecas. Permítennos saber si a navegación é dunha persoa ou unha aplicación automatizada, si o usuario é anónimo ou rexistrado.

Doutro lado temos as analíticas que recollen información sobre a navegación: canto tempo botas na páxina, que páxinas visitaches, a que horas, etc.

 

Cookies propias vs. cookies de terceiros.

Quizais teñas escoitado estes termos pero non sabes moi ben a diferencia. Ben, as propias son as xeneradas dende a nosa Web. As de terceiros son doutras empresas externas (por exemplo, facebook).

 

Que cookies utilizamos en Danza Tania Veiga?

As cookies propias permítennos saber en que horario e datas entraches na web, canto tempo navegaches e en que páxinas estiveches.

Tamén utilizamos cookies de terceiros:

– Google Analytics: é unha ferramenta cunha estatística moi potente que nos permite analizar o uso que facedes xs usuarixs da web, pero recorda que nunca é información que te identifique. Podes consultar aquí que cookies utilizan Google Analytics (Google, Inc.)

– Pixel de Facebook: estas cookies permítennos obter unhas estatísticas para monitorizar os anuncios de facebook. Podes consultar aquí as cookies que utilizan en Facebook Inc.

– WordPress: a nosa web está creada dentro de WordPress (Automattic, Inc.). Eles establecen as súas propias cookies para obter información sobre como xs usuarixs utilizamos a súa plataforma. Estas cookies a nós non nos traen información algunha. Podes consultar aquí a súa política sobre as cookies. https://en.support.wordpress.com/cookies/

– Redes sociais. Si navegando pola web, compartes contidos nas redes sociais, estas almacenarán esta información. En Danza Tania Veiga só utilizamos Facebook (podes consultar a súa política de cookies aquí) e Youtube (podes consultar a súa política de cookies aquí; Youtube é de Google, así que son as mesmas que Google)

Podes eliminar as cookies do teu navegador?

SI, e tamén BLOQUEALAS ou LIMITALAS

Si accedes ás opcións do teu navegador, podes borrar a información sobre os teus hábitos de navegación e o perfil xenerado.

Para eliminar as cookies relacionadas co noso dominio debes ir á configuración do teu navegador, alí podes buscar as cookies asociadas a www.danzataniaveiga.com e eliminalas

– Si usas Google Chrome

– Si usas Apple Safari 

– Si usas Mozilla Firefox 

– Si usas Internet Explorer 

Tamén podes instalar complementos no teu navegador (as Do Not Track) para que poidas escoller aquelas cookies que si queres permitir.

Máis info?

Si queres inda máis información, podes consultar o reglamento sobre cookies publicado pola Agencia Española de Protección de Datos.

 

Esta política de cookies foi actualizada por última vez o 8 de maio de 2018.