Movemento 1 para Kassa

Movemento 1 para Kassa

Ola, que tal estás?

Hoxe vai de moverse e así serán as próximas cinco semanas. Vamos paso a paso para que poidas coñecer algúns dos movementos que estamos aprendendo para bailar con Kassa neste primeiro trimestre do curso 2019 – 2020.

Por onde comezar? Pois polo primeiro movemento, non?

Con estes vídeos, verás as evolucións dos movementos con tódolos detalles. Si eres alumna, valeranche de reforzo e poderás practicar na casa.

Si non eres alumna, con esto podes practicar e ir afacéndote á linguaxe (corporal) malinké. Así, cando poidas asistir a algún curso xa terás unha certa experiencia. Poderás tamén sentir a diferencia entre traballar sen música a bailar con percusión en directo.

Veña, ponte a bailar co Movemento 1 para Kassa!

Date tempo, ten paciencia contigo mesma.

Si confías en min, acabarás disfrutando. É só cuestión de tempo e repeticións.

Non me digas que eres descoordinada, que nunca bailaches, que nunca fixeches deporte, que non sabes cal é a túa dereita ou esquerda…. Ti tamén podes. Precisarás máis traballo, máis tempo e máis paciencia; tan só iso.

Unha alumna e amiga me pregunta: chegará o día que de tanto aletear saiamos voando? Con este espíritu apréndese rápido, o humor axuda moito 😉

A próxima semana toca… «O Cabaliño», así que nos vemos bailando.

P. D. Xa sabes que estarei feliz de que compartas estes vídeos cas túas amigas, primas, nai, irmás (a homes tamén eh) e que vos poñades a facer o ganso ( a aletear) xuntas ;)))

 

Próximos cursos

  • Información actualizada sobre os próximos cursos aquí