Hermanas de baile círculo

Madan e Bao

Inicio de curso

Por fin comezamos o curso! De verdade, non sabes (nin eu sabía) canta falta me facía.

Despois de pasar un verán no que, máis que tranquila, en termos xeráis sinto que estiven bastante desanimada; de repente comezan as clases e hai un cambio radical no meu estado anímico.

No verán bailei, tamén bailei, pero… non foi da mesma maneira, ou non foi abondo, supoño.

Decidín que en setembro, as sesións estarían orientadas a despertar os nosos corpos, antes de entrar nos detalles dos movementos. Coma se foran masterclass, nas que non me paro tanto a ensinar e deixamos que o corpo vaia co que capta.

E sen percatarme, comeza a miña a enerxía a subir cas compas, ca percu…E pásome casi tres horas (dúas clases) sorrindo de continuo. Un riso de alegría interna, non provocado, non impostado, espontáneo.

Un tesouro que dificilmente pode ser medido en diñeiro.

É coma se metera os dedos nun enchufe e recargara unha batería. A batería que te espabila, que che abre os ollos, que che da o sorriso, que te motiva para despertar outros corpos, que sen palabras nin pensamentos che di que estás plena, completa…

En fin, difícil expresalo.

Sei que si eu non fora a profe, tería ánimo abondo para ir a clase, pero quizáis outros días non. Como son a profe, estou obrigada e por iso ó final acabo por facer algo que é beneficioso para min.

Como conseguir que si estás nesta situación ou similares (léase desanimada, desmotivada, con baixa autoestima, sobrepasada, estresada, ansiosa, depre, triste), que veñas a clase? Non o sei, pero quizáis contarche esto axude. Eso espero.

Unha imaxe? Pois si, esa é unha cara de gozo! ?? Anque a foto é de anos anteriores, exemplifica ben.

danzas africanas tania veiga

Este curso, hai bastantes cambios (dobletes en Carballo e en Santiago, horarios novos…) entre eles que imos comezar con distintos ritmos en distintos grupos. Cóntoche un pouco:

Ritmo Madan

Así é como lle chaman en Mali, mais en Guinea chámanlle Djagbe. Como eu aprendín o que levo a clase con Manu Sissoko, o que levo é maliense. Todo un reto, pois para min as danzas de Mali que vou coñecendo teñen uns impulsos e sutilezas diferentes dos guineanos. En xeral son moi elegantes, anque bailen rápido.

Alén de bailar, cantaremos un canto que nos ensinou Manu, moi chulo!

Este ritmo solía soar ó rematar o Ramadán, para festexar.

Déixoche aquí un vídeo do ritmo Madan con Drissa Kone Quartet

Ritmo Bao

Parece que este ritmo é da rexión forestal de Guinea, onde está o pobo Tomé. Bao está vinculado ás iniciacións, báilase cando remataron para celebrar que todo foi ben.

Os Tomé non están islamizados (ou non estaban cando se fixo a recollida polo Ballet Nacional de Guinea) e as iniciacións para eles tratan de escarificacións. Son diversos os pobos africanos que posúen esta práctica. Fan feridas no corpo que logo cicatrizan. Estas cicatrices son identitarias dos grupos culturais ou das aldeas, por exemplo. Son coma tatuaxes, pero en cicatriz, seguro que tes visto algo nalgún documental.

O ritmo Bao (que tamén chaman foret, por ser da rexión boscosa) aprendino en varias ocasións. A primeira ca mestra Mataly Beauvegui (Senegal-Zaragoza) e máis recentemente con Cristina Rosa (Badajoz).
Vai ser unha córeo moi cañera, xa o que o Bao pode subir moito de pulso!

Déixoche outro vídeo, desta vez dun Bao de Ollivia Brunel. Hai varios movementos que tamén traballaremos nós, anque claro, esta muller e o seu alumnado son moi cracks!

Con esto xa me despido, ata a próxima carta!

Bicos!

Para vir bailar…

  • En Carballo estamos formando grupo, luns ou mércores de 20h a 21:30h
  • En Santiago os xoves hai grupo consolidado, e quedan prazas. Horario: de 19h a 20:30h. Empezamos en outubro.
  • En Coruña, tamén está consolidado e quedan prazas, anque non moitas. Venres de 20:30h a 22h
info@danzataniaveiga.com