
Movemento 2 para Kassa
Jelou!
Non teño moito que contarche, porque hoxe vai de bailar!
Igual que a semana pasada, esta semana ensínocheo movemento 2 para Kassa, que forma parte da coreografía que estamos aprendendo en clase.
A este movemento, chámolle o cabaliño, inda que realmente a acción que se me ven á cabeza é de sementar.
Ou sexa, que o nome me vale para que nos acordemos e entendamos porque movementos de sementar no Kassa hai varios (o Kassa vai de agricultura, busca no Blog porque hai un post sobre o significado de Kassa)
E de feito, xa che teño ensinado a base deste movemento tamén, noutro vídeo. Pero aquí, hoxe é esta variante.
Posúe varias capas de dificultade que traio adrede, para que as persoas que xa tedes algo de experiencia, teñades un traballiño a maiores.
Espero que che resulte interesante!
Ten a súa chicha, como ves.
Pero é asequible. Si estás comezando a bailar, con pernas e brazos vas moi ben. Tanto o peito como a «bicicleta» das pernas son para un nivel que precisa da experiencia previa.
Si eres alumna, non terás máis que seguir practicando e xa verás como outro ano ou noutro curso, estarás preparada para ir ós detalles máis finos.
Vémonos a próxima semana cun movemento máis sinxelo. Poderás aproveitar para ir ós detalles.
Abur!
P. D. Aproveita estes vídeos que son públicos e están feitos con todo o cariño, para que moitas persoas poidamos bailar. Podes compartilos, claro!
P. D. Ah, como ves, estou nunha aula chulísima, como a min me gustan: sinxela de todo, despexada, diáfana, branquiña. Estou en Pangea, unha Academia de Danza de recente creación, en Carballo. Teremos alí Danza Malinké!
Próximos cursos
- 25 de novembro de 19:30h a 21h en Pangea (Carballo). Masterclass gratuíta!
Estamos creando grupo novo en Carballo, os luns de 19:30h a 21h e para darche a coñecer a actividade terás esta clase aberta. Estaremos encantadas de que veñas! Pásate por Pangea que está na rua Vila de Noia, frente ás instalacións deportivas. Tes máis información aquí
- Información actualizada sobre os próximos cursos aquí
Deja tu comentario