
Movemento 4 para Kassa
E un máis, con este xa van 4 movementos para o ritmo Kassa.
Inda me quedan outros dous por ensinarche e inda que en clase facemos algún máis, creo que ata aquí está ben.
A este chameille ofrecer, inda que ten máis que eso. Pero ofrecer é a base.
E é certo que aproveito cando practico este movemento mentras o ensino para ofrecer algo de dentro e agradecer ós músicos (xa que me estou dirixindo a eles).
Valga a redundancia, é moi grato bailar con gratitude. Próbao.
Si xa estás toda zen ou tiveches un día marabilloso, pois igual non o sintes tanto. Pero si tes un día enfadado e de mal humor, próbao. Realmente cambias por dentro.
Son as maxias que acontecen bailando. É unha parte do poder que ten a danza como sanadora.
Espero que che guste!
Vémonos a próxima semana, con outro movemento máis que seguramente che sexa moi sinxelo si tes tablas no baile galego. É algo así coma un picado cunha cabaza na cabeza 😉
Si te perdiches os movementos anteriores a este Movemento 4 para Kassa:
Mellor aínda, para non perderte ningún movemento, déixame o teu mail e recibe a TanTanLetter!
Que teñas unha feliz semana!
Próximos cursos
- 13 de decembro de 21h a 23h no Ágora (A Coruña), dentro do programa Nocturnia. Gratuíto, para persoas de entre 12 e 30 anos. Inscricións do luns 9 até o xoves 12 de decembro. Aquí podes inscribirte e atopar a información que precisas.
- Información actualizada sobre os próximos cursos aquí
Deja tu comentario