Que é a TanTanLetter?

A TanTanLetter é a newsletter de DanzaTaniaVeiga.

É unha newsletter con moito tantarantán detrás e moita danza.

É tamén unha newsletter moi miña, moi de Tania, moi Tan.

Ademais de ensinarche movementos de Danza Malinké, escribo sobre o que me inquieta, sobre o que aprendo e sempre dende a miña perspectiva particular. Normalmente arredor da cultura Malinké, pero certo é que me dou as miñas licencias para saír deste territorio.

Poderás enterarte de min a través das RRSS?

Cada vez menos.

Non son nada fan das redes sociais, cada vez estou menos presente.

Nas RRSS pasamos superficialmente enriba das novas, das fotografías, dos textos… Non hai unha atención real, eu síntoo como ruído nas nosas mentes. Son distraccións que nos alonxan do auténtico.

Non me apetece seguir colaborando con esto e por eso cada vez estou menos presente.

Non é o contacto que quero ter contigo 🙂

Así que, si compartes esta visión e che apetece adicarlle un ratiño verdadeiro ó que che poida contar, déixame o teu correo para que recibas a TanTanLetter.

Non teño intención ningunha de spamear, así que si finalmente ves que non podes adicarlle o teu tempo e che sobra na bandexa de entrada, podes darte de baixa facilmente.