Inscripciones danzas africanas

Inscricións abertas Danzas Africanas

En setembro comeza o curso 2022/2023!

Ola Caracola!

Este curso de danzas africanas está pronto a comezar. Este ano arrancamos a mediados de setembro, así que si tiñas ganas de bailar, pronto nos veremos; e si necesitas o teu setembro completo para aterrizar, podes comezar en outubro (si quedan prazas).

Hai máis novidades, cada grupo ten as súas, por eso creo que te mando directa ó formulario de inscrición, para que vexas os horarios, lugares, prezos e así non che repito a info.

Aquí tes o formulario de inscrición cos detalles

O primeiro trimestre será setembro – decembro. Este ano decidino así, porque decembro é un mes que queda con dúas semanas escasas. Así, co medio mes de setembro, completamos o trimestre.

E si prefires anotarte por mensualidades, non hai problema. O mes de setembro e o de decembro, pagarás medio mes. O único que debes ter en conta é que si hai máis inscricións que prazas, teñen prioridade as alumnas anotadas ó trimestre.

Quizais sexas nova aquí, podes saber máis sobre min aquí ou sobre a danza que facemos e os seus beneficios, aquí. Teño escrito bastante sobre aspectos da cultura de donde proceden as danzas mandés e tamén vídeotutoriais con movementos, encontrarás todo esto no Blog.

Agora que xa tes esta info, cóntoche un pouco do meu verán.

Podo dicir que foi distinto aos anteriores. Non houbo Fankasoo nin en xullo nin haberá en setembro, tampouco marchei por ahí cxs amiguiñxs, só a algún bolo, algunha visita e compromiso familiar. Pouco pero abondo para min, este ano.

Foi máis caseiro, pero creo que decidín ben. Disfrutei da horta, de pasear con Laki e Garbanchu, das praias bergantiñanas (un paraíso), dos encontros cxs amigxs e ata fun ó ximnasio…

Digo que decidín ben, porque precisaba cambiar algo do agosto, que para min non suele ser moi bo mes de ánimo… Inda estou tratando de averiguar o motivo porque é raro de cojones, pero así é. Vou ben encamiñada para entender esto, no worries!

Por iso que para min, volver cas clases ten unha parte de pufff, volver ó traballo, pero outra grande de alegría. Volver a encontrar ás alumnas-amigas queridas que non vexo dende xullo ou agosto, volver bailar con regularidade, obligarme a estudiar (frikear) coreografías…

Espero que tiveras bo verán! E que non se che faga dura a volta ó traballo e ás rutinas. Hai algunhas que molan, como vir bailar, non? 😉

Despídome cun abrazo!

Horarios curso 2022 2023

P. D. Os horarios poden sofrir modificacións ó longo do curso. Podes preguntarme por email info@danzataniaveiga.com

Aquí o formulario de inscrición do curso 2022-2023

Próximas ocasións para bailar:

  • Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.