
Movemento 5 para Kassa
Ola!
Entramos en decembro e eu sigo cos vídeos dos movementos para o Kassa.
O movemento de hoxe é moi moi sinxelo, sobre todo si estás familiarizada co tradi galego porque a base nas pernas é similar a un picado.
Si acabas de chegar a este blog ou de recibir por primeira vez a TanTanLetter, déixoche aquí os links ós catro vídeos anteriores:
Hai movementos que son máis sinxelos ca outros, unha de cal e unha de area.
Pero ollo, nestes movementos máis sinxelos, como o movemento 5 para Kassa que che ensino, hai moito que traballar. Ter unha posición elegante nos brazos non é tan doado. Axudarache facer o movemento pensando (ou levando de verdade) que portas un cesto.
Tamén as pernas teñen seus detalles: esa patadiña da perna que abre e facer o movemento ben saltado, pode ser un reto.
E que tal si saltamos tendo conta da nosa espalda? De ter ben resgardada a lumbar?
Si, xa sei, con tantos axustes non hai quen baile sen rixidez. Bailar con axustes é ir educando o corpo para que logo, cando soltamos e bailamos sen pensar (que é verdadeiramente bailar), teñamos unha boa base, que o corpo teña un camiño ben feito.
Feliz semana!
Próximos cursos
En xaneiro comezamos trimestre novo! O que significa que te podes incorporar ás aulas (ou si xa ves e queres continuar, non esquezas dicirmo en clase) ou vir probar nas xornadas de portas abertas.
Solicita praza antes do 31 de decembro
Non sabes canto che agradezo que me axudes a difundir esta información! Boca-orella, emails, RRSS…
- 14 de decembro en Vimianzo de 17h a 18h, no Furancho Deportivo. Masterclass gratuíta de Danza Malinké. É gratuíta pero tes que reservar praza chamando a Victoria no 623 178 682
- Información actualizada sobre os próximos cursos aquí.
Deja tu comentario