Cústache soltar o corpo pola frustración

A frustración impídeche sotar o corpo?

En menudas me meto…

Tratar de abordar aquí a frustración é pretencioso pola miña parte.

A frustración é un temazo. Si buscas frustración na rede, hai tropecentas entradas de blogues de psicólogxs, coach, persoas que traballan sobre o crecemento persoal…

En nada do anterior estou formada, aviso. Son unha lectora sobre eses temas como moito.

O que sí teño é experiencia en lidiar cas miñas frustración en relación á danza, á aprendizaxe da danza e por extensión noutras facetas da miña vida.

Así que, comparto a miña experiencia.

Por suposto, estarei moi agradecida si queres compartir comigo e con toda a comunidade a túa experiencia, si che valen ou non os consellos que che dou, si tes outra opinión…

Podes escribir un comentario público ou mandarme un mail a info@danzataniaveiga.com

Vamos allá.

Coma sempre, o primeiro que fago é preguntarme acerca da raíz da frustración, acerca do qué hai detrás desa reacción emocional.

Dende o meu punto de vista a frustración ven dunha idea sobre un futuro non cumplida, de expectativas que non fomos capaces de cumplir.

Hai un desaxuste entre o que eu cría que ía acontecer e o que acontece, pero para diferencialo da decepción, eu sinto que a frustración é máis intensa. A decepción lévate cara abaixo, cara a pena e a frustración cara o enfado, cara a ira.

Si estou falando de que aprendamos a soltar o corpo e a frustración é unha traba, daquela estou falando de todos eses momentos nos que hai un movemento que non che sae e te enfadas contigo mesma chegando a frustrarte.

Esa frustración tórnase en enfado cara ti mesma, en bloqueo.

Dende o bloqueo non conseguimos soltar o corpo. Esto é obvio.

A frustración non é unha emoción agradable e non axuda na aprendizaxe nin a soltar o corpo, así que eu creo que é importante que aprendamos a lidiar con ela.

Agora ben, si che gusta vivir frustrada, pois non teño nada que dicir… 😉

Como lidiar ca frustración?

  1.  Expectativas realistas

Si a frustración parte dun desaxuste entre a miña expectativa e a miña realidade, debo reaxustar expectativas.

Porque generamos expectativas difíciles de cumplir?

Un inciso: si estas expectativas me supoñen un obxectivo que me da un aliciente sen pasar pola frustración, son favorables.

Por un lado está o noso descoñecemento sobre a materia. Si descoñeces os procesos que ten o corpo para poder aprender e afacerse cos movementos (necesario para poder soltar), non podes xenerar unhas expectativas axeitadas.

Dende que comecei a bailar e a comprender como aprendía meu corpo, as miñas expectativas están máis axustadas. De feito, quizais agora considero que podo abarcar máis do que pensaba, é só cuestión de darlle tempo e ser perseverante. Así que si me propoño alcanzar tal obxectivo, me pregunto si estou disposta a pasar as horas que vai precisar (sabendo que van a ser un montón, eso si).

Ademais, unha vez que teño comprendido o mecanismo de aprendizaxe, sei que a progresión é un continuo e que os meus erros e descoordinacións van formar parte do camiño.

Pensarás ti que claro, como son bailarina para min é fácil ver as progresións, que cometo poucos erros e que en seguida vexo resultados.

Discrepo. Teño estudado Danza Contemporánea e non me resultaba nada familiar e máis debía facer movementos para os que meu corpo non estaba preparado. Simplemente perseverei e inda que non alcancei ás miñas compis que tiñan máis experiencia, cheguei a facer o que me parecía imposible.

Algo parecido me pasa agora co francés. É un idioma, igual que danza. Comecei frustrándome porque o nivel da clase era moi alto para min. Recoñecín a frustración e díxenme: ti ó teu ritmo, practica o que poidas, divírtete como poidas e irás mellorando.

(Xa sabes que podes escoitarme si o prefires)

  1. Tente máis cariño 🥰

Si, refírome a que te queiras máis.

A frustración conleva unha pequena fustigación cara unha mesma, un reproche ou como mínimo unha recua de adxectivos que non detonan cariño precisamente.

Sábete aprendiz. Si xa souberas facer todo, non virías a clase e estaría eu aprendendo de ti (ou a/o profe que teñas, vaia).

Como aprendiz, debes ir debuxando o camiño. Sería moitísimo máis cómodo non enfrentarte a estes retos e quedarte no sofá. Sempre no teu círculo de confort.

Estás traspasando este círculo. Brava! Concédete este mérito. Date a noraboa por persistir.

Alégrate dos teus avances. Bota a vista atrás e alégrate de todo o que agora xa sabes facer e que antes che custou.

Ou acaso non hai algún movemento que pensaches imposible e que conseguiches adquirir? Se honesta contigo mesma e cariñosa.

  1. Céntrate na práctica 🧐

Cando te frustras, resentes a emoción negativa, á túa mente aparecen un lote de pensamentos limitantes, castigadores.

Neste estado, nin teu corpo nin a túa mente están predispostos á aprendizaxe.

Daquela, é tempo perdido (no sentido da aprendizaxe). Tempo perdido. Son oportunidades perdidas de repetir un movemento, única forma que tes de aprender (e logo poder soltarte).

Si comparasemos o tempo que utiliza para unha verdadeira aprendizaxe (con corpo e mente predispostas a elo) unha persoa que se frustra facilmente frente a unha persoa que non se frustra; veriamos que é moito menor.

Esto significa que irás máis lenta ca o resto.

Eu non teño presas, pero a ti seguramente che gustaría avanzar máis rápido.

  1. Disfruta do camiño 🚶

Con todo, para evitar ou diminuír a frustración, sempre che vai ser útil non generar expectativas, non ter obxectivo e disfrutar do camiño.

É un topicazo eso de disfrutar do camiño. Pero é que é certo. Non tes certeza ningunha de como estarás mañá, pasado ou dentro dun mes. Daquela, aproveita o momento do presente.

Hai un movemento que se che atranca e que non che sae e…. me cago en diez cuando me va a salir esto! Que burra que son! Nunca vou dar feito…

Non é importante cando che vai saír, estás practicando que é o que tes que facer e liberándote deses pensamentos e bloqueos, avanzas. E non te perdes o bo rollo do resto da clase, a música, o guiño da túa compi o bonito que o está facendo a outra compi.

  1. Evita as comparacións 🐒 🐦🐢

Dicíache que te podes estar perdendo moito e bonito do que acontece no momento presente, o bonito que baila unha compi.

Ollo! Non te compares. Cada unha ten a súa historia de vida e ti non sabes en profundidade a de ninguén. Nin sequera sabemos da nosa propia vida o que puidemos facer de pequenas ou deixar de facer que agora nos facilita ou dificulta bailar ou soltar o corpo.

Non temos nin idea.

Daquela, cada unha está no seu camiño. Ti estás no teu. Non che falta nada máis ca práctica. Punto.

Precisarás máis ou menos práctica segundo o que teñas contruído ata o momento.

Obviamente, esto varía entre cada unha de vós. Así que non te compares.

··  ·· ··  ·· ··  ··

Moi ben, moito rollo e moita leria, pero qué podo facer na práctica?

Poñamos que estás na clase e hai un movemento que non das pillado e chega a frustración.

  1. Identifica teus pensamentos limitantes

Intenta ser consciente dos pensamentos e palabras que che veñen á mente. Anota todas as “lindezas” que te dices.

  1. Constrúe un razoamento que corte os anteriores,un contrapensamento

Por exemplo:

“Lindeza”:  Nunca vou ser capaz de facer esto.

Contrapensamento: Si practico si que o conseguirei. Xa teño conseguido afacerme a outros movementos que tamén me parecían imposibles.

“Lindeza”: Esto é moi moi moi difícil, merda!

Contrapensamento: Si, resúltame difícil, pero aquí estou practicando. Vou ver como podo xogar con esto.

“Superlindeza”: Son unha inútil. Non sei que fago nunha clase de baile si se me da fatal. Eu debo ser masoca.

Contrapensamento: Pois realmente son unha valente saíndo da miña zona de confort e inda que agora estou a sentirme bloqueada me compensa por XXX (esto sábelo ti).

  1. Desvía a túa atención cara a práctica

Unha vez que identificas os pensamentos que te levan a sentir a frustración ou que acompañan á frustración, podes practicar o deixalos pasar e volver a centrarte na práctica.

  1. Reduce dificultade

Antes de darte de cabezazos contra un movemento, busca a simplicidade. Reduce marcha.

Inda que as túas compis estean nun nivel de complexidade maior ca o teu, ti retorna a un sitio cómodo, a onde sintas que podes traballar sabendo o que estás facendo. Dende ese lugar, comeza a construír cara unha maior complexidade.

Ese retroceso ó final é un acelerón porque constrúes sobre unha base sólida e porque perdes menos tempo no estado de frustración.

  1. Date permiso

Estouche intentando axudar a aliviar a frustración, espero que saques algo de proveito con todo esto. Con todo, non vai ser da noite á mañá que deixes de estar frustrada.

Pois cando apareza a frustración e non consigas desfacer o pensamento, concentrarte na práctica ou non poidas simplificar; date permiso para sentila.

Claro! Non se trata de tapala, intentamos coñecernos e poñer remedio, pero cando aparece, pois bueno, apareceu e xa intentaremos mellorar. Se non, frustrámonos de frustrarse.

Pouco a pouco, tamén aquí é cuestión de práctica.

A menor frustración, máis doado che será soltarte 🙂

Aquí me quedo!

De novo, si estes consellos non che valen porque vives a frustración doutro xeito, faimo saber e verei que podo aportar. O meu mail é info@danzataniaveiga.com

Agradecereiche mil que compartas esta info con quen queiras (mellor si lles vai prestar).

E si non me recibes por mail, podes ir á TanTanLetter e deixarme teu correo.

Ata a próxima semana!

P. D. En abril comeza o último trimestre deste curso, así que é o momento de incorporarte si non o puideches facer antes! Aquí podes inscribirte.

Próximas ocasións para bailar:

  • En abril comezamos trimestre novo, xa sabes que é o momento para incorporarte si non o puideches facer ata agora. Aquí podes facer a túa inscrición. As prazas adxudícoas por orde de inscrición e só será posible inscribirte antes de abril.
  • Si non me coñeces e queres probar unha clase, tamén poderás facelo na primeira semana de clase. Anótate aquí!
  • Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.