Cústache soltar o corpo

Cústache soltar o corpo?

Pues Bienvenida al Club!

Quizais te sorprenda que me inclúa neste club, porque me coñecerás ensinando o que xa teño controlado e incorporado, porque me coñecerás nadando nas miñas augas.

Pero como nos pasa a moitas, en canto estou fóra do meu ambiente ideal, tamén teño bloqueos, tamén me frustro, tamén me custa soltar o corpo, tamén aparecen movementos que… non me van… que se resisten.

Quizais a diferencia é que teño aprendido a lidiar con estas situacións.

Si hoxe che fago esta pregunta é gracias a unha alumna que me pediu exercicios para soltar o corpo. Gracias a ela, ademais de buscar exercicios para levar a clase, comecei a afondar e a investigar.

Como resultado, nas próximas semanas compartirei contigo exercicios para que poidas soltar o corpo.

Pero exercicios que creo que de verdade axudan (ou polo menos así me parece cas alumnas) porque o que teño atopado en internet é, para min, bastante deficiente. Encontro cousiñas tipo: suelta tus pies, balancea tu cuerpo, mueve tu cabeza al ritmo de la música… Si che custa soltar e con esas indicacións consegues soltarte… Seguramente non che custa soltarte tanto!

Soltar o corpo é unha cuestión complexa. Para comezar pregúntate por que che custa soltar? Podes afondar todo o que queiras. Esa pregunta é necesaria porque comprendendo a raíz, podo pensar en exercicios que axuden.

A partir desta pregunta eu cheguei a identificar 5 casos diferentes, pero seguramente estea incompleto. Podes contarme teu caso ou nos comentarios ou por mail escribíndome a info@danzataniaveiga.com

Podes continuar escoitándome en audio ou seguir ca lectura!

A continuación fágoche unha pequena presentación dos cinco casos que eu atopei e nas próximas semanas afondaremos en cada caso e aportareiche un exercicio para axudarche a que soltes o corpo.

Caso 1: Cústache soltar o corpo porque tes exceso de control.

Cústache soltar porque estás acostumada a controlar todos os movementos. De feito, seguramente a túa técnica sexa estupenda, pero falta nos movementos algo máis teu, máis interno. Quizais che custa bailar con “flow” ou cando hai que descontrolar non sabes como facer.

Pregúntate si necesitas ter todo baixo control? Porque precisas controlar? Que pasa si vives unha situación sobre a que non teñas control? Podemos realmente controlar algo nas nosas vidas?

Na próxima semana afondarei máis e ensinareiche o exercicio da “boliña”.

Caso 2: Cústache soltar o corpo porque tes exceso de tensión.

Estás afeita a executar con tensión. Sempre con tensión e esforzo. Por iso, os movementos que deben ser fluídos che resultan máis difíciles. Non che cabe na cabeza que sexa libre de esforzo.

Pregúntate si na túa vida todo é loita, si non é posible que nada veña dado. E pregúntate si realmente debe ser así, si hai que esforzarse e matar o lombo para vivir.

En dúas semanas abordarei este caso e ensinareiche o exercicio “de glaciar a río”.

Caso 3: Cústache soltar o corpo porque estás desconectada.

O teu corpo non responde ás túas peticións. Falta o camiño neuronal que fai que a orde chegue ó músculo.

Simplemente é falta de práctica.

Pregúntate si lle estás prestando ó teu corpo a atención e coidados que merece. Pregúntate si estás realizando actividades que te vinculen ó teu corpo (bailar, ioga, pilates, etc.). E si vas a clase, pregúntate si estás máis pendente das compis e da profe, do que pasa fóra, que de ti mesma.

En tres semanas afondarei neste caso e ensinareiche o exercicio “motor cambiante”.

Caso 4: Cústache soltar o corpo porque tes vergoña.

A túa mente e corpo están presos do qué dirán, do qué estarei facendo, de si está bonito/correcto… Imposible soltarse.

Pregúntate: de onde ven esa vergoña? Que orixe profunda ten? Inseguridade? Perfeccionismo? Algunha experiencia da infancia? Hai situacións bailando nas que non sintas vergoña? Na túa casa e sola? …

En catro semanas dareiche uns consellos, unhas pautas para que vaias perdendo a vergoña.

Caso 5: Cústache soltar o corpo porque te frustras.

Unha frustración resulta nun bloqueo e dende o bloqueo non podemos soltar. Soltar é alivio. Alivio e bloqueo son incompatibles.

Pregúntate: que te dis cando te frustras? É certo iso que te estás a dicir? Real e totalmente certo? Será que estás respectando o teu tempo de aprendizaxe ou es impaciente? Será que podes simplificar? Será  que te machacas con autoesixencias?

Este caso queda para o final e realmente o tema da frustración podería ser unha serie completa de artigos do post.

Dareiche unhas pautas para diminuír os teus momentos de frustración e unha vez que chegan buscar que duren o menos posible. Si o podes facer ca danza, tamén na túa vida e vivirás infinitamente mellor (eu estou neste traballo ;))

Casi nada…

Como ves, se indagamos podemos quizais atopar que as nosas actitudes ó bailar, tamén aparecen no día a día. E é que quen baila eres ti, a mesma que vive.

Como ves, a través da danza podes encontrar un novo patrón de comportamento que poderás levar á túa vida e aliviar as tensións innecesarias, disfrutar do descontrol, eliminar a vergoña, diminuír as frustracións e aprender a coidar e escoitar teu corpo (que tamén fala e sabe ben o que nos presta e o que non).

Nas próximas semanas afondarei en cada caso e aportarei, para cada caso, exercicios ou consellos.

O que pretendo con estes consellos é que, obviamente vaias soltando o teu corpo, pero tamén que te divirtas e que afondes no teu coñecemento propio.

Non creo que haxa un botón máxico para poder soltar o corpo. Nin un botón nin cinco exercicios máxicos. É práctica. Pero polo menos vas gañar actitudes e ferramentas para poñelo en práctica tantas veces como queiras e nas situacións que queiras.

Non che traio o peixe para quita-la fame. Ensínoche cinco artes de pesca, por si es de río ou de mar e por si che gustan as centolas, as luras ou as troitas 😉

Vémonos a próxima semana, a ver como resolvemos ese exceso de control!

Abur!

··   ··   ··   ··   ··   ··   ··   ··   ··

P. D. Se non recibes a TanTanLetter por correo electrónico, e queres que che cheguen tódolos exercicios, déixame teu mail en www.DanzaTaniaVeiga.com/TanTanLetter.

Próximas ocasións para bailar:

  • Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.