Cústache soltar o corpo por exceso de tensión

Cústache soltar o corpo? Caso 2: Exceso de tensión

Cústache solta-lo corpo porque bailas tensionada?

Pero como identificar esta tensión si o baremo é relativo a nós mesmas.

Bueno, pois debes saber que non precisamos, continuamente, un gran esforzo para realizar os movementos. Ou sexa que si na túa práctica non hai momentos de alivio, seguramente estarás a bailar con sobreesforzo.

 É sorprendente que teñamos instaurado por cultura que hai que sufrir e traballar duro para conseguir o que queremos. Para presumir hai que sufrir, dicíame miña nai cando me peinaba e me tiraba dos nudos.

 Non digo que de brazos cruzados nos vaia aparecer a comida na mesa tódolos días, pero que sí podemos conseguir moito dende o pracer, dende friccións cero. Que aparecen obstáculos? Por suposto, pero podo poñerme a loitar contra eles ou a tentar sobrepasalos con elegancia.

 É algo así coma que si vou camiñando e aparece un buraco xigante, podo tentar saltalo (con probabilidades de caer ó baleiro) ou bordealo por máis que non sexa a liña máis curta para chegar ó outro lado.

Cando temos instaurada esta loita e esforzos permanentes na vida, tamén os levamos á danza. Os nosos movementos posuirán exceso de tensión, será agotador bailar, non buscaremos os camiños máis livianos no movemento, estaremos en loita.

 E si bailando aprendemos a buscar o alivio no movemento, tamén na vida poderemos aprender a coidarnos.

 

O exercicio que che propoño é sinxelo. Chámolle: “De Glaciar a Río”.

Podes escoitar o audio ou seguir lendo. Cerca do final déixoche unhas músicas que che axudarán a facer o exercicio.

De Glaciar ❄ a Río 💦:

(1) Nun primeiro momento, te tensionarás ó máximo. Preciso que leves ó extremo esta tensión, que os movementos sexan imposibles, retorcidos, que requiran de toda  a túa musculatura, ata estaría ben que te enfadaras e viñeran todas esas emocións que tes en modo “loita”. Eres un glaciar, eres tensión, dificultade, esforzo.

Teño ganas de torturarte? Non, claro.

(2) A continuación irás ó extremo oposto. Móvete sen friccións, só camiños do corpo agradables, leves, fluídos. Sempre que atopes un atranco, podes recuar e buscar outra vía para moverte. Respeta os límites do teu corpo e investiga. Disfruta dese pracer de moverte lixeira. Respira profundo, acompáñate da respiración, relaxa, solta.

Para acompañarte no primeiro exercicio, podes escoitar esta música:

«Vivaldi The Four Seasons Recomposed by Max Richter; Winter

Para acompañarte no segundo exercicio, podes escoitar este tema:

«Hawa Dolo de Ali Farka & Toumani Diabate«.

Xa tes tódolos ingredientes, así que xa podes practicar e si queres, o que che conto agora podes lelo despois (recoméndocho pra despois).

··   ··   ··   ··   ··   ··   ··   ··   ··

Que sentiches?

O propósito do exercicio para aliviar o Exceso de Tensión é que identifiques claramente cal é o estado de fluidez e de soltura, para que logo cando esteas en clase, che salten alarmas tipo “estás tensando, solta”.

Pero ademais o exercicio aporta o absurdo que é bailar con tanta tensión, unha porque te cansas cen mil veces máis e outra porque é moito menos pracenteiro.

O difícil é, na Danza Malinké, bailar con velocidade e con soltura, pero nisto non me vou meter. Só que saibas que sen soltura non hai velocidade…

Pois así te deixo, espero que moi relaxada e descubríndote diferente.

Si queres coñecer os demais casos da serie «Cústache soltar o corpo» podes ver o post de hai dúas semanas no que che fago unha introdución

Abur! Ata a semana que ven, na que trataremos o Caso 3: Estás desconectada do teu corpo.

··   ··   ··   ··   ··   ··   ··   ··   ··

P. D. Si non recibes estes posts na túa bandexa de entrada, igual te perdes o exercicio da próxima semana, así que podes deixarme teu mail en www.DanzaTaniaVeiga.com/TanTanLetter

Agradecereiche mil que compartas este post con quen queiras!

Déixoche aquí os posts xa publicados que forman parte da serie «Cústache soltar o corpo»

Cústache Soltar o Corpo?

Cústache Soltar o Corpo? Caso 1: Exceso de Control

Próximas ocasións para bailar:

  • Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.