Cústache soltar o corpo por desconexión

Cústache soltar o corpo? Caso 3: Estás desconectada

Cústache soltar o corpo, directamente porque teu corpo non responde ás túas ordes?

Mandas unha orde e teu corpo non te sigue?

Cústache realizar movementos que son máis minuciosos e inusuais?

Seguramente te consideres torpe e descoordinada e creas que estas condicións te acompañarán toda a túa vida.

Temos moi interiorizado que a torpeza, a descoordinación e o non saber bailar son condicións de ser e non de estar. É dicir, condicións inamobibles, fixas.

Isto é falso. A coordinación mellórase practicando, a conexión corporal retómase practicando.

O que sí che podo aceptar é que teñas máis ou menos dificultade para aprender, para mellorar, etc. Pero é innegable  que co tempo melloras. Inda non coñecín a unha sola alumna que non mellorara ca práctica.

Para soltar o corpo, é preciso estar conectada con el, é un paso previo. Así que hai que traballar esta conexión.

O propósito deste post é que faga un exercicio que che axudará a soltar o corpo, así que o central é a práctica.

Sin embargo, quero explicarche antes tres aspectos teóricos para que comprendas o mecanismo que fai que esteas desconectada. A ver si con algo de teoría consigues quitarte o estigma do «ser» torpe e o cambias polo de «estar» torpe, de «estar» desconectada:

1. Conexión entre redes neuronais

A primeira vez que realizas un movemento sinxelo, tense que debuxar un camiño neuronal para que os músculos implicados se activen; é dicir, débese contruír a rede neuronal. A modo metafórico, eu visualizo como si cada vez que realizamos o movemento este camiño neuronal se ensancha. Así pasamos dun carreiro polo que é difícil transitar porque inda hai moita maleza, a unha autopista con varios carriles na que non hai apenas obstáculos.

Cando realizamos movementos complexos, que implican varias partes do corpo, ó comezar non damos feito para coordinar.

O que sucede é que a rede neuronal que move pernas e a rede que move brazos, teñen que actuar conxuntamente. Para isto tamén ten que haber unha información repetida que lles indique esta coordinación, para que ambas redes neuronais se CONECTEN.

Por iso, sempre que partes de coordinacións novas, estás desconectada, literalmente (as túas neuronas non xeneraron nin os camiños nin as relacións).

Un exemplo: cando comezas a conducir, tes que pensar moito como metes a marcha, controlar que embragas, desembragas, aceleras, frenas… Todo vai por partes, os pes, o cambio, o voltante…

Co tempo todo se integra ata o punto de que realizas tódalas funcións necesarias para a condución sen pensalo e podes conducir pensando nas quimbambas ou cantando un temazo de Rafaela Carrá 😉

Ou sexa, que necesitas práctica e xa está! Ca práctica poderás re-conectar co teu corpo, adueñarte del para logo poder soltar.

2. Atención en ti mesma

Aprendemos por imitación, ou sexa que necesitas mirar á profe para aprender os movementos, pero non podes estar todo o tempo mirando á profe ou ás compis. Porque neses momentos a túa consciencia non está plenamente en ti. 

Unha vez que coñezas unha mecánica, debes prescindir dos modelos, para recoñecer en ti o movemento que estás facendo. Leva a atención a ti mesma, conecta co teu corpo. Se non, cada clase será como unha ensoñación e conscientemente non reterás moito (menos mal que a memoria muscular si que está traballando 😉

3. Investigación e xogo

Por que é bon para ti investigar o movemento? Porque é a vía que tes para buscar novos movementos, para implicar unha musculatura que non estabas tendo en conta ata ese momento.

Cando xogas e investigas abres a posibilidade de que apareza o descoñecido. Si estás desconectada, precisas xenerar esa nova información neuronal. Pero como? Xogando, explorando.

Imaxina que estás en clase e que repetiches un montón de veces un movemento. Xa tes a coordinación básica, pero o corpo non acaba de soltarse porque non sabes como darlle ese “toque” a maiores, esa inercia do peito, esa cadeiriña, ese flow… Estás desconectada deses músculos que precisas activar.

 Si te pos en modo investigar, probarás distintas vías, xogarás co corpo e desta maneira será máis probable que apareza o teu flow.  Si te acostumbras a investigar, acabarás creando moitos camiños (conexións neuronais motoras) e o camiño que buscabas aparecerá. Cuestión de práctica!

Ademais, polo menos eu así o vivo, é pracenteiro. En lugar de quedarte anquilosada en el “no me sale” e non avanzar, claro; comezarás a divertirte buscando o camiño do teu corpo.

Soltar non é o mesmo que non saber o que o corpo fai (inda que pode ser útil nalgúns casos). Soltar é adueñarte da levedade, do descontrol, do alivio, do flow á hora de bailar.

Para que conectes, para que leves a atención ó teu corpo e para que investigues; propóñoche un exercicio que lle chamo o “motor cambiante”.

Podes ir ó audio ou seguir lendo. Tamén para este exercicio che propoño acompañarte dunha música concreta que terás embaixo.

Motor Cambiante

Con este exercicio a túa atención estará centrada nunha parte do corpo que elixas, que será o motor do movemento. Moverás esa parte co corpo como queiras e o resto do corpo deberá seguirte.

Irás cambiando a parte do corpo que dirixe o movemento, irás cambiando o motor do movemento.

Considera que unha parte do corpo é unha perna, pero tamén o dedo meniño, a uña do dedo meniño, o lóbulo da orella, a punta da nariz, un ovario… O “raro” da parte que escollas levarate a unha conciencia diferente.    👃    👀    👂

Así de sinxelo:)

🎶

Para este exercicio propóñoche esta música: “Butchimisa, de Caamaño e Ameixeiras” 

🎶

 ··   ··   ··   ··   ··   ··   ··   ··

A min resúltame divertido e relaxado porque todo vale. Bueno, casi todo porque o que non vale é moverse sen consciencia.

 Alén de traer a atención e de conectar, este exercicio permíteche investigar o teu movemento e ir xenerando novas posibilidades en ti.

  

Podes estar segura de que teu corpo é sabio, de que tes a posibilidade de encontrar o teu flow e de que o saberás no momento no que chegue, porque che será máis pracenteiro. Podes estar segura de que hoxe estás desconectada do corpo pero con práctica re-conectarás.

 Non digo que poidamos chegar a executar tódolos movementos posibles (no día no que che escribo, por exemplo, non sei facer un mortal ;)), pero o que sí creo é que, polo menos na danza malinké, podes encontrar o teu flow en cada movemento.

 

Recorda, o exercicio é o motor cambiante: comezas cunha parte do teu corpo que se moverá como ti queiras, libre e o resto do corpo seguirá. De forma fluída irás cambiando a parte do corpo que manda.

 A próxima semana trataremos o caso aquel no que non consigues soltarte por vergoña 😓

 Feliz semana! Abur!

 ··   ··   ··   ··   ··   ··   ··   ··

 

P. D. Estarei super agradecida si compartes esta información cas túas amizades, con quen consideres que lle pode facer ben o exercicio.

 

Si non recibes os consellos por mail, déixame o teu correo electrónico na TanTanLetter para seguir aprendendo a soltar o teu corpo e o que veña máis adiante.

 

Déixoche aquí os posts xa publicados que forman parte da serie «Cústache soltar o corpo»

Cústache Soltar o Corpo?

Cústache Soltar o Corpo? Caso 1: Exceso de Control

Cústache Soltar o Corpo? Caso 2: Exceso de Tensión

Próximas ocasións para bailar:

  • Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.