Moi boas!

Moitas veces teño escoitado que tódolos africanos teñen ritmo, que tódolos africanos saben bailar, que levan o ritmo e a danza no sangue!

Opinas o mesmo? Eu estiven convencida disto tamén, pero por pouco tempo…

Rompamos estereotipos! Os estereotipos, mesmo sendo positivos, son negativos… Explícome:

Por un lado, claro, un estereotipo desvirtúa a realidade, limita as infinitas posibilidades que temos de ser tódalas persoas.

Por outro lado, pode ser que si atopamos un africano que non ten esas cualidades parece que lle está faltando algo para ser completo, non? Coidado con isto!

Falo por min mesma, para min é difícil non xeneralizar e sei que hai aspectos que son comúns a moitas persoas por compartir un mesmo grupo, xa sexa cultural, étnico, de idade, de xénero… Pero ando con coidado, evito afirmar rotundamente, evito o TOD@S @S xxx son xx ou NINGÚN xx é xx.

Teño levado moitas sorpresas na miña vida que me romperon estereotipos e prexuízos; non che vou enganar, unha delas foi ver xente negra cas mesmas facilidades para bailar que as miñas cando comecei (poucas, por se hai dúbida :))

É unha idea falsa pensar que tódolos africanos saben tocar, bailar ou teñen boa voz. Hai africanos máis ou menos torpes á hora de bailar, coma en todas partes.

Si medras nunha cultura que ten moi presente a música, a danza e os cantos, será máis probable que remates por saber bailar, cantar e ter sentido do ritmo.

Non importa a cor da túa pel nin a latitude onde naceras. Cantas máis horas empapado da cultura, mellor se che dará en términos de probabilidades.

Claro que hai persoas cun don especial que non requiren tantas horas, pero isto non é exclusivo de ningunha cultura. A falta de talento compénsase con traballo (como me dixo un amigo) tanto aquí como en África, tanto para brancxs como para negrxs (sen entrar, por suposto, en temas como a igualdade de oportunidades que nisto si que hai diferencia si eres blancx ou negrx).

Así que, si eres das que pensa: non teño sentido do ritmo, non sei bailar, son torpe, non teño coordinación, etc. Xa sabes o que tes que facer si che gustaría cambialo: horas de práctica, traballar por elo!!

Goza da aprendizaxe porque desta forma o corpo absorve mellor (así aprenden xs cativxs, dende o xogo!), evita os bloqueos e non te fustigues. O importante é estar no campo de batalla, unha vez alí, xa o estás facendo o mellor que podes facelo! Sen apremio, a perseveranza dará seus froitos!

Isto non é exclusivo para comezar a practicar danza tradicional do oeste de África, isto é para todo o que che apeteza facer na vida. O tempo é un ben que non se pode recuperar… Non esperes a da-lo paso, aprende a desfrutar do camiño e non te autolimites (nin por idade, nin por condición física, nin por nada…).

Estarei feliz de ler os teus comentarios.

Que teñas unha feliz semana!

Si tes problemas para acceder ós termos de privacidade, podes probar dende aquí. Tamén podes consultar os termos de uso.