Tes pouco sentido do ritmo?
Podería formular esta pregunta da seguinte forma: Tes sentido do ritmo?
Estou segura de que si tes dificultades contestarías un rotundo NON.
Como ves, a cuestión é formulada de forma cuantitavia. Non se trata de ter ou non sentido do ritmo senón que de ter máis ou menos sentido do ritmo.
Esto é importante para min porque sei que o sentido do ritmo se pode traballar e mellorar. É certo que hai persoas que teñen moita dificultade e que precisan bastante traballo. Pásache que estás nun concerto, o público comezades a dar palmas e de repente veste que as túas palmas non van cas da maioría?
Non bailas moito (ata que colles un puntillo non?) porque tes vergonza de parecer un pato mareado?
Bailas ajarrado (xa case non hai oportunidades para esto, para min, unha pena) e a túa parella leva polo menos dous pisotóns?
Si eres este tipo de persoa e de verdade che gustaría mellorar esto, non o deixes de lado. Podes practicar, mellor con axuda.
Inda que pareza contraproducente, ir a clase de música (percusión preferentemente porque a percusión nun conxunto musical é o que leva o peso do ritmo) axudaríache moito.
Vir a clase de danza tradicional do oeste de África tamén che axudaría por dous motivos: primeiro porque temos música en directo! E segundo porque os movementos na danza tradicional africana responden ós tempos da música, respondemos ós estímulos musicais e daquela unha parte dos nosos sentidos está sempre ca percusión.
Ademais encontro que mellorar o sentido do ritmo mediante a danza é case máxico porque ó non pensalo demasiado, deixamos cabida para a nosa intuición.
É certo que hai ritmos do oeste de África que son bastante complexos, máis complexos que a maioría da música comercial que abunda no noso entorno. Así, o reto é maior, pero seguir o ritmo da música que escoitas máis habitualmente será pan comido.
Neste vídeo, ensínoche a base musical do ritmo Sinté. Sobre este ritmo xa che ensinei unha córeo breve noutro vídeo, pero agora céntrome na percusión.
Espero que che sirva de axuda para comprendelo, para interiorizalo e para xogar con el, buscar os tempos e alomenos bater palmas ó ritmo da música.
Non te preocupes si che resulta difícil. Hai ritmos máis faciliños para introducirnos na percusión e xa farei outros vídeos para practicar só o sentido do ritmo 😉
Por certo, que si queres aprender percusión do oeste de África, podes facelo estupendamente con Son d’Africa. Si premes aquí visitarás a súa páxina
Si coñeces a alguén que se poida beneficiar deste contenido, agradézoche que lle renvíes este mail para que poida suscribirse e recibir máis información.
Si tes problemas para acceder ós termos de privacidade, podes probar dende aquí. Tamén podes consultar os termos de uso.
Deja tu comentario