Danza tradicional do oeste de África

Ola, que tal estás?

Si te preguntas que é realmente a “Danza Tradicional do Oeste de África”, o que che conto a continuación vaiche interesar.

Falar de Danza Africana é un tanto presuntuoso xa que pretendemos engadir baixo o mesmo título miles de danzas. Si hai centos de muiñeiras, jotas, maneos… só no territorio galego, cantos ritmos e danzas pode haber nun continente enteiro, África?

Si xa na península Ibérica, o flamenco non ten moito que ver cunha muiñeira galega, como vai ser correcto falar de Danza Africana para denominar un conxunto de danzas con certo parecido?

As persoas que nos adicamos a isto, si falamos de Danza Africana, non é máis que por non utilizar un título demasiado amplo, pero hoxe quédache claro que non é moi correcto.

Do oeste de África

Daquela, xa sabes que Danza Africana abarca demasiado, así que acotamos xeográficamente: do Oeste de África. O oeste de África comprende -máis ou menos- dende o sur de Senegal e Mali, ata o Golfo de Guinea, e dende Mali e Burkina Faso ata o océano Atlántico ó oeste.

Existe certa cohesión cultural nesta rexión debido a que posúe unha historia común. Por exemplo, formou parte do imperio dos Mande (Imperio Malinké ou Mandinga) que durou dende o s. XIII ata o século XV. Si viaxas a algún dos países que hoxe en día se atopan dentro desta rexión (Gambia, Guinea Conakry, Burkina Faso, Mali, etc.) poderás falar do ritmo Lamban, por exemplo, e xs músicxs e bailarínxs saberán de que falas.

Así que xa temos claro o porqué do “Oeste de África”; agora queda explicar a parte de “Tradicional”.

Danza Tradicional

Dende o meu punto de vista, a danza tradicional do oeste de África é a que practican os pobos do oeste de África nas súas festas tradicionais. O pobo é a fonte! Daquela, o que facemos en clase non é puramente tradicional.

Eu estudo con mestrxs africanxs e europeos e intento reproducir o mellor que poido, pero o que eu faga, xa non vai ser puramente tradicional. Manteño o “Tradicional” porque temos percusión en directo e porque os movementos que aprendo proveñen do pobo, da raíz.

Cal é a túa opinión? Déixa un comentario!