
Soko, percusión para bailaríns/as
Hoxe imos aprender a percusión de Soko o ritmo sobre o que traballaremos o segundo trimestre.
Queres incorporarte ás aulas regulares? Estupendo, xaneiro é un bo momento. Ó final do post terás a información cos horarios e un botón para poder reservar praza.
Seguimos ca percusión de Soko!
Na danza tradicional do oeste de África é importante e coñecer os ritmos porque a danza está íntimante ligada a estes. Necesitamos entender o pulso e identificar a melodía que soa.
Un/unha bo/boa bailarín/a non ten que ser percuta, pero si identificar e cantar de voz a melodía percusiva, as chamadas e incluso se non escapan de voz os acompañamentos dos movementos.
Por iso, hoxe vai de percu e con palabras non vou poder explicarche moito.
Ou me entenderías si che dixera:
Dundún: cucún cucún, cucún cucún cucún 🙂
Neste vídeo axúdoche a que poidas identificar o ritmo Soko. É un vídeo que explica a percu pensando nas persoas que nos achegamos a esta cultura dende a danza.
Conozo as miñas limitacións e inda que tamén son percusionista, non son profe de percu e isto nótase na miña didáctica.
Con esto quero dicir que este vídeo está pensado para as persoas que bailan, para que poidas entender e facerte ca melodía do soko.
Non está pensado para percusionistas que queiran aprender o ritmo Soko, ok? Para os que estudan percu, hai mogollón de tutoriais e unhas clases estupendas cos amigos de Son ‘África Lobo e Andrés.
Ah, preciso de ti eh! Así que pasamos á acción. Dalle ó play!
Quizais che interese:
–> Coñecer o significado de Soko
–> Aprender un movemento básico de Soko
Queres aprender con nós a bailar un Soko?
En xaneiro comezamos trimestre novo, o momento ideal para que te incorpores ás aulas!
Xa sabes, as prazas son limitadas así que non o dubides, reserva xa!
Solicita a túa praza!
Estes son os grupos:
- Martes de 18:45h a 20:15h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
- [Grupo novo] Martes de 20:30h a 22h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
- Mércores de 12h a 13:30h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
- Mércores de 20:30h a 22h no Casino 1889 (r/Vázquez de Parga, 1); Carballo
- Xoves de 20:15h a 21:45h en Galicia Montessori (r/Agrelo, 3); Bertamiráns
Solicita a túa praza!
Deja tu comentario