Aprende un movemento básico de Soko con Tania Veiga

Aprende un movemento básico de Soko!

Moito non podo contarche, terás que abrir o vídeo!

Para disfrutar do movemento non precisas moito espazo nin cambiar a roupa que levas (é suaviño, non sudarás) así que non te escaquees.

Ensínoche un movemento básico de Soko faciliño de todo. De tan fácil que é, ensínocho con tres variantes para poñerlle un pouco máis de chicha.

E xa sabes, si queres máis, vémonos en clase en xaneiro!

Ó final do post tes máis info sobre as aulas regulares.

Queres aprender con nós a bailar un Soko?

En xaneiro comezamos trimestre novo, o momento ideal para que te incorpores ás aulas!

Xa sabes, as prazas son limitadas así que non o dubides, reserva xa!

Solicita a túa praza! 

Estes son os grupos:

  • Martes de 18:45h a 20:15h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • Mércores de 12h a 13:30h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • Mércores de 20:30h a 22h no Casino 1889 (r/Vázquez de Parga, 1); Carballo
  • Xoves de 20:15h a 21:45h en Galicia Montessori (r/Agrelo, 3); Bertamiráns

Solicita a túa praza! 

Quero reservar praza nas aulas regulares!!

Tamén pode interesarche Cal é o significado do ritmo Soko

P. D. Quizais coincidas comigo en que vivimos unha época dura, con falta de ilusión, moito estrés e deshumanizada. Con este blog pretendo ensinarche, divertirte, traerche saúde e cariño por ti misma. Estarei agradecida si me axudas a chegar a máis persoas.

Podes compartir este post!