Significado de Soko con Tania Veiga, que significa el ritmo Soko

Que significado ten o ritmo Soko?

Hoxe quero explicarche que significado ten o ritmo Soko dentro do contexto tradicional do oeste de África.

Soko será o ritmo sobre o que traballaremos no segundo trimestre (xaneiro – marzo)!

Si queres incorporarte en xaneiro, ó final do post terás a información cos horarios e un botón para poder reservar praza.

Unha vez dito esto, vamos a Soko!

Soko é un dos ritmos da cultura do oeste de África máis extendidos fóra das súas fronteiras.

Hoxe día, este ritmo tócase fóra do seu contexto tradicional en calquera festa, celebración ou nos cursos de danza e de percu.

Según varias fontes, Soko é orixinario da rexión Faranah de Guinea Conakri.

Soko é un deses ritmos relacionados con ese proceso que pasan xs cativos para dar o salto da nenez á madurez e particularmente ca circuncisión.

Segundo as fontes, o momento no que Soko é tocado e bailado varía, pero todas elas narran a súa relación ca circuncisión masculina.

Cóntocho no vídeo 😉

Por suposto, non sei si cabe explicar que os cativos, bailan o Soko.

Queres aprender con nós a bailar un Soko?

En xaneiro comezamos trimestre novo, o momento ideal para que te incorpores ás aulas!

Xa sabes, as prazas son limitadas así que non o dubides, reserva xa!

Solicita a túa praza! 

Estes son os grupos:

  • Martes de 18:45h a 20:15h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • Mércores de 12h a 13:30h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • Mércores de 20:30h a 22h no Casino 1889 (r/Vázquez de Parga, 1); Carballo
  • Xoves de 20:15h a 21:45h en Galicia Montessori (r/Agrelo, 3); Bertamiráns

Solicita a túa praza! 

Quero reservar praza nas aulas regulares!!

Si non podes vir ás clases regulares, quizais queiras vir ó intensivo que temos o 15 de decembro en Santiago de Compostela.

Tes máis info aquí.

Reserva a túa praza antes do 10 de decembro!

Que teñas unha feliz semana!

Quero reservar praza no intensivo do 15 de decembro!!

Categorías

Artigos recentes