
Adiviña a que grupo pertencen estas danzas!
Neste vídeo ensínoche uns fragmentos de diferentes danzas. Cada danza pertence a un dos grupos de danzas que che expliquei nos posts
Cal é o significado dos ritmos malinkés. Parte I
Cal é o significado dos ritmos malinkés. Parte II
O que me gustaría que fixeras con este vídeo é:
1 –> Bailalos!! Por suposto, xa sabes que non me gravo para que me vexas, se non para que te poñas en marcha e te divirtas 😉
2 –> Adiviñar a que grupo pertencen.
Si viñeches a clase, tes moooooita vantaxe 😉
Si non viñeches, a solución recibirala por mail si estás suscrita na miña lista.
Se inda non estás suscrita, descárgate algún dos recursos gratuítos e xa formarás parte da comunidade de revitalizadxs a través da danza africana!
Por suposto, podes deixar embaixo a túa solución! Será moi interesante leerte.
Si coñeces a quen poida interesarlle este post, non dubides en compartilo!
Que teñas unha feliz semana!
Deja tu comentario