Que significado teñen os ritmos e danzas malinkés?

Ola, que tal estás?

Si practicas Danza Tradicional do Oeste de África, é posible que teñas dado con movementos que translucen o seu significado porque son representacións moi concretas de actividades recoñecibles.

Bailando estes movementos é como se me despertou a seguinte cuestión: teñen significado as danzas tradicionais do oeste de África? Cales son?

Logo xa, beneficiada por mestrxs que ademais de ensinarche danza, che falan sobre o contexto, comecei a saber algo máis.

De todos modos, cabe explicar que nos atopamos dentro dunha cultura tradicional e oral. O significado dos ritmos e danzas varía entre pobos e entre rexións, así como varían tamén os movementos.

Debido a isto, un/unha bailarín/a nativx, quizais non saiba o significado, quizais éste quedou perdido nas historias dos seus antepasados.

Menos mal que hai literatura ó respecto! Inspirada polo libro African Dance, escrito por Kariamu Welsh, neste vídeo fáloche da metade dos grupos que aparecen recollidos no libro: danzas de guerreirxs, danzas de colleita, danzas de iniciación, danzas de máscaras e danzas que versan sobre personaxes relevantes.

A outra metade quedará para outro vídeo 😉

Espero que o disfrutes!


P.D. Si queres gozar do 20% de desconto no curso ONDAS DE ÁFRICA, inscríbete na lista de aviso preferente. Podes acceder a toda a información sobre o curso dende aquí e inscribirte cubrindo o formulario que tes embaixo.

Si tes comentarios ou aportacións ou dúbidas, escribe embaixo.

Por suposto, si coñeces a alguén que lle poida interesar, podes compartirlle este vídeo.

Que teñas unha feliz semana!