Cal é o significado dos ritmos e danzas malinkes, parte II

Que significado teñen as danzas malinkés? Parte II

Moi boas!

Si che interesou o vídeo Que significado teñen os ritmos (e danzas) malinkés, parte I, seguro que o vídeo de hoxe tamén che interesa; toca a parte II.

A continuación explícoche outras das fontes que xeneran ritmos e danzas no oeste de África. Na parte I faleiche de ritmos de guerreirxs, batallas e guerras; ritmos que tratan sobre a colleita; ritmos de iniciación, danzas de máscaras e ritmos que falan sobre personaxes relevantes.

Neste vídeo fáloche de ritmos que versan sobre oficios, ritmos bailados para e nas cortes reais, ritmos e danzas himnos, danzas sociais/ceremoniais; ritmos para a sanación e por último de ritmos e danzas relixiosos e espirituais.

Os ritmos que versan sobre oficios son aqueles que se bailan representando esas labores; por exemplo os movementos que fan xs cazadorxs, ferreirxs ou os movementos que hai ó lava-la roupa. Dentro deste grupo estaría o ritmo Sofa que versa sobre cazadorxs/guerreirxs. Claramente en Sofa hai moitos movementos nos que se porta “simuladamente” un arma e se está á espreita.

Sobre ritmos relacionados cas cortes reais sabemos algo pois no curso 17/18 traballamos Lamban que é un ritmo que reverencia ós Jelis. Os Jelis eran os bardos e historiadores do imperio mandinga, moi respetados e considerados. Lamban trae esta esencia, entre un agradecemento profundo e unha veneración de corazón.

Bailar con este sentimento é moi bonito, recoméndoche que probes 😉

Os ritmos e danzas-himnos, son ritmos de identidade nacional ou étnica, ritmos que identifican un grupo social. Por exemplo, non recordo exactametne as cifras pero en Guinea Bissau hai algo máis de 20 etnias convivindo, cada unha delas posúe unha ou dúas danzas propias. Usualmente, os nomes destes ritmos coinciden cos nomes das etnias, no caso de Bissau por exemplo hai Manjaco ou Balanta que son tanto o nome das etnias como deses ritmos-himno.

As danzas sociais e ceremoniais tanto as hai tradicionais como modernas que se bailan nos bares ás noites. Referíndome ás tradicionais, hai moitos ritmos que se tocan en festas, por exemplo celebrando un bautizo, unha pedida de man… ou nunha festa estilo “foliada”.

Por exemplo, agora en Guinea están moi de moda as festas dunumba, que son festas nas que se tocan ritmos desta familia, pero tamén outros ritmos. Un par de ritmos que tamén coñecemos ben porque o traballamos nas aulas son Yankadi – Macuru que son ambos de seducción e digo eu que estará dentro dos ritmos “sociais” ;). A intención de bailar e tocar estas danzas é puramente para pasalo ben!

Para o final quedan dous grupos de ritmos e danzas ás que é moi difícil acceder.

As danzas de sanación/terapéuticas son aquelas que teñen gran popularidade entre as persoas europeas que buscan experiencias extracorporales e historias así… Dentro do animismo africano, moitas enfermidades veñen provocadas por espíritus, envexas ou malas enerxías que se poden sacar fora mediante algún tipo de exorcismo que ven acompañada de tambores e movementos. Aquí está o que tanto nos chama a atención, o trance.

Así que, si, bailando pódese entrar en trance, pero non están en trance a maioría das persoas que ves bailando a un ritmo frenético no oeste de África. Estes simplemente están eufóricxs, pero nada de trance nin descontrol.

As últimas danzas e ritmos son as que acompañan a cerimonias sagradas dentro desa cultura pagana. Creo que cada vez o animismo está menos presente de forma pura, pero hai moito sincretismo e está ben mesturadx ca relixión musulmana e cristiá. Polo que vou lendo, creo que foi difícil desvincular músicas e danzas da relixiosidade.

Eu remato aquí, inda que hai outros grupos de danzas, pero con isto tes a maioría do que pode chegar a ti.

Espero que desta forma che entre máis curiosidade, espero que che sirva de inspiración si estás a practicar algún ritmo que teña algún significado coñecido.

Si tes comentarios, non dubides en deixalos embaixo.

Por suposto, si coñeces a alguén a quen lle interesan estes temas, podes compartirlle este post 😉

Que teñas unha feliz semana!