Cargando eventos
Este evento pasou.

Danza con base na tradición do oeste de África con Tania Veiga e músicos en Santiago de Compostela, Can Cun Quinqué

Queres gozar dun intensivo de danza africana? Estaremos en Santiago de Compostela o 15 de decembro, no centro de artes escénicas Can Cun Quinqué

RESERVAS ATA O 10 DE DECEMBRO. AS PRAZAS SON LIMITADAS ASÍ QUE ANÓTATE XA!
Enviarémosche a información completa cos prezos e as instrucións para formalizar a túa reserva.
Anótate aquí!

 

Utilizo a sabedoría popular tradicional do oeste de África plasmada na danza, para que poidas frear o envellecemento prematuro, para que te sintas vital e ilusionada e recuperes o tempo para ti; para alimentar a túa alma.

Teño axudado a máis de 100 alumnxs a conectar co seu corpo, liberarse e divertirse.

Estes son algúns dos beneficios de vir a clase:

  •  Freas o envellecemento (link a estudo, mirar cursos)
  • Aceleras o emBelecemento
  • Gañas forza vital (como a de Songoku) para afrontar este mundo tan desgastante.
  • Liberas estrés tras unha dura semana de traballo.
  • Recuperas o bo humor; a túa familia estará encantada de que bailes.
  • zzzZZZ gozas dese sono reparador e profundo porque terás a mente relaxada e sen exceso de enerxía.
  • Achégaste a África dende o respecto e a admiración.
  • Serás fonte de Beleza; brilará o sol que hai en ti!

 

RESERVAS ATA O 10 DE DECEMBRO. AS PRAZAS SON LIMITADAS ASÍ QUE ANÓTATE XA!

Enviarémosche a información completa cos prezos e as instrucións para formalizar a túa reserva.
Anótate aquí!

Si tes dúbidas acerca do curso, escríbenos un mail a info@danzataniaveiga.com e mandarémosche a información que precisas.

<<Tes máis información sobre o contido dos cursos intensivos aquí>>

Non sabes onde está Can Cun Quinqué? Pois aquí!

Neste intensivo traballaremos sobre o ritmo Mendiani

Mendiani é o ritmo ó que nos estamos adicando este trimestre nas aulas regulares. Así consigo traer a experiencia da aprendizaxe das alumnas para que a túa sexa o mellor posible.

Mendiani é un ritmo relacionado cas rapazas que pasan da nenez á madurez. Un proceso bastante longo en moitas aldeas do oeste de África no que as rapazas son instruídas na vida de adultas e entre outros aspectos aprenden unha danza.  O día de festexar Mendiani é o día no que bailan, durante horas, a danza aprendida.

Anímate, ven e descubre!

 

P.D. Recorda que as prazas son limitadas e só poderás anotarte ata o 10 de decembro.

 

Anótate aquí!