Soko, percusión para bailarinxs

Percu Soko para danza africana por Tania Veiga

Soko, percusión para bailaríns/as

Hoxe imos aprender a percusión de Soko o ritmo sobre o que traballaremos o segundo trimestre.

Queres incorporarte ás aulas regulares? Estupendo, xaneiro é un bo momento.  Ó final do post terás a información cos horarios e un botón para poder reservar praza.

Seguimos ca percusión de Soko!

Na danza tradicional do oeste de África é importante e coñecer os ritmos porque a danza está íntimante ligada a estes. Necesitamos entender o pulso e identificar a melodía que soa.

Un/unha bo/boa bailarín/a non ten que ser percuta, pero si identificar e cantar de voz a melodía percusiva, as chamadas e incluso se non escapan de voz os acompañamentos dos movementos.

Por iso, hoxe vai de percu e con palabras non vou poder explicarche moito.

Ou me entenderías si che dixera:

Dundún: cucún cucún, cucún cucún cucún 🙂

Neste vídeo axúdoche a que poidas identificar o ritmo Soko. É un vídeo que explica a percu pensando nas persoas que nos achegamos a esta cultura dende a danza.

Conozo as miñas limitacións e inda que tamén son percusionista, non son profe de percu e isto nótase na miña didáctica.

Con esto quero dicir que este vídeo está pensado para as persoas que bailan, para que poidas entender e facerte ca melodía do soko.

Non está pensado para percusionistas que queiran aprender o ritmo Soko, ok? Para os que estudan percu, hai mogollón de tutoriais e unhas clases estupendas cos amigos de Son ‘África Lobo e Andrés.

Ah, preciso de ti eh! Así que pasamos á acción. Dalle ó play!

Quizais che interese:

–> Coñecer o significado de Soko

–> Aprender un movemento básico de Soko

Queres aprender con nós a bailar un Soko?

En xaneiro comezamos trimestre novo, o momento ideal para que te incorpores ás aulas!

Xa sabes, as prazas son limitadas así que non o dubides, reserva xa!

Solicita a túa praza! 

Estes son os grupos:

  • Martes de 18:45h a 20:15h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • [Grupo novo] Martes de 20:30h a 22h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • Mércores de 12h a 13:30h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • Mércores de 20:30h a 22h no Casino 1889 (r/Vázquez de Parga, 1); Carballo
  • Xoves de 20:15h a 21:45h en Galicia Montessori (r/Agrelo, 3); Bertamiráns

Solicita a túa praza! 

Quero reservar praza nas aulas regulares!!

Categorías

Artigos recentes

2018-12-14T11:48:42+00:00

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.