tambores sagrados, djembe sagrado, tambores africanos, fábula, conto

Os tambores sagrados. Hoxe vai de contos!

Ola, moi boas!

No contexto do oeste de África, danza e música van da man. A danza queda coxa sen a percu e a percu queda coxa sen a danza. Sobre esto tes un post: Si bailas percute, si percutes baila no que explico algo en relación a esto.

Por iso, inda que o noso é a danza, é importante tamén que che poida falar sobre a percusión, os instrumentos…

Pero hoxe quero facelo a través dun conto e introducirnos así nun mundo de fantasía (de vez en cando está ben escapar, non?).

Os tambores sagrados é unha fábula creada (non é tradicional) para dar cursos a cativxs.

Os cursos son de danza, ou sexa, que o propósito é movernos, pero para comezar, gústame mergullarme na imaxinación e crear un entorno algo máis máxico.

As árbores vólvense protagonistas porque ca súa madeira tállanse os djembes.

As árbores deben dar permiso e só o fan si a persoa que reciba o instrumento ten un corazón nobre. A xenerosidade das árbores permite que haxa alegría no bosque e entre as persoas, porque a todxs lles gusta a música e o baile…

Esto é un resumo. Paréceme que o conto é bonito, así que, porque non compartilo contigo?

Queres escoitar o conto completo dos tambores sagrados?

Embaixo tes o vídeo.

Quizais algún día che ensine a danza que facemos a continuación do conto dos tambores sagrados, que é a danza das árbores (tampouco é tradicional, é propia).

Que teñas unha feliz semana!

Xa sabes, si se che pasa algo pola cabeza que queiras dicirme, podes deixar teu comentario.

E coma sempre, si coñeces a quen lle poida interesar o post, non dubides en compartilo. Ambxs estaremos agradecidxs.

P. D. Si eres unha persoa nobre de corazón e queres facer sonar o teu tambor, entendendo ben o ritmo e baseándote na tradición do oeste de África, cos amigos de Son d’África poderás conseguir en poucas horas construír un ritmo e que o teu tambor alegre a outras persoas e seres vivos. Visita a súa páxina web Son d’África, onde atoparás informacións sobre os seus cursos.