Jelou! Que tal estás?

Xa hai tempo que tiña ganas de abordar esta cuestión:

Si eres percusionista, baila! Si eres bailarínx, percute!

Os meus comezos foron na percusión. Antes de coñecer a danza do oeste de África eu xa comezara a tocar os ritmos tradicionais e isto facilitoume moito o camiño para bailar.

Porque para bailar Danza Tradicional do Oeste de África precisas entender os ritmos, entender onde está o pulso, identificar as chamadas e outras figuras musicais. É certo que si recibes clase de danza e tes un/unha profe que te aproxima á música, rematas por controlar os ritmos, inda que non saibas tocalos.

Pero é incuestionable, que si sabes tocar os ritmos e facer as chamadas (no lugar correcto), tes vantaxe.

Isto vino moi claro o curso pasado no que tiña varias alumnxs que tamén recibían clase de percu con Andrés.

Si o teu é a percu, si che interesa a percusión africana e queres ser un/unha bo/a percusionista, por suposto, debes aprender a tocar! Pero bailar vaiche dar vantaxes.

Ó viaxar ó oeste de África, dinme conta de que a percusión non ten sentido sen a danza. Non me entendas mal, ten todo o valor e pódese tocar inda que ninguén baile, pero non é o habitual. E ata me parece que non é natural.

Isto é unha crenza totalmente persoal e podo estar equivocada. Pero é que a música xorde (como xa che expliquei nun par de vídeos) por algún motivo e normalmente danza/representacións e música van da man.

Solear é unha das artes máis vistosas e valoradas nun bo músico (inda que eu penso que saber estar na retaguardia sen destacar ten moito mérito). Dende o meu punto de vista, moitos dos solos que podemos escoitar, surxiron ó acompañar os movementos dxs bailaríns.

Explícome: o djembe que fai os solos, acompaña os movementos de danza con frases musicais. Esta é unha fonte estupenda de creación musical porque logo, esas pequenas frases que aparecen cos movementos poden ser transformadas para crear as túas frases propias.

Eu é o que fago. Si se me da por coller un djembe e xogar un rato, penso nalgún movemento de danza que encaixa nese ritmo, busco acompañalo musicalmente e logo xogar con esa frase.

Un último exemplo de cuan ligadxs están a percu e a danza:

Cando bailo, si practico sen músicos, os meus movementos de danza van acompañados de frases musicais. Teño a música na cabeza e podo tararear a música mentras bailo! Si aprendín os movementos cun djembefolá que acompañaba sempre cas mesmas frases musicais, estou segura de que son as que teño na cabeza.

Incluso, cando non lembro un movemento enteiro, recordando a musicalidade, o movemento chega máis facilmente.

Así que, si bailas, percute! Si percutes, baila!

Tes unha oportunidade marabillosa para adentrarte en ambos mundos percu – danza!

22 e 23 de setembro ConVive Con África, con-percu, con-danza, con-xantar, con-vivencia.

O sábado é o día para as persoas con menos experiencia tanto en danza como en percu.

Estamos en período de inscricións, o prazo pecha este venres 14 de setembro e as prazas son limitadas. Embaixo tes un cajetín, introduce teus datos para que che mandemos a info que precisas saber (prezos, prazas libres e como formalizar a inscrición)

En ConVive Con África tes máis información pero déixoche aquí a ubicación, datas e horarios.

Lugar: Antiga escola Ramón Cabanillas (anexo do CSC do Castiñeiriño); Compos.

Datas: 22 e 23 de setembro, 2018

Horarios:

* Danza africana, sábado e domingo de 11h a 14h.

* Percu africana iniciación, sábado de 17h a 20h.

* Percu africana intermedio, domingo de 17h a 20h.

P.D. Reservas ata o 14 de setembro!

Por suposto, si coñeces a alguén que lle poida interesar este post, podes compartirllo.

Que teñas unha feliz semana!