
Día da Danza 2020
Bos días e feliz Día da Danza!!
Fago unha paréntese da Viaxe a Benin, que retomarei a próxima semana, porque quería celebrar contigo o Día Internacional da Danza!
Así que antes de nada quero convidarte á masterclass en streaming de hoxe! Preciso o teu mail antes das 17h de hoxe (29 de abril de 2020). Ó final da páxina tes un cajetín para deixarmo, ou senón aquí.
Estarei do outro lado ás 18h! Si non podes estar a esa hora, enviareiche a gravación para que bailes cando che veña ben!
E que che vou contar hoxe?
Pois apenas nada propio porque quero compartir contigo o Manifesto deste ano, superpertinente para este blog pois foi escrito por Gregory Vuyani Maqoma, un bailarín surafricano.
Podes escoitalo ou lelo.
Manifesto do Día Internacional da Danza 2020:
“Foi durante unha entrevista que tiven recentemente que pensei profundamente na danza.
Que significa para min? Na miña resposta tiven que analizar a miña viaxe e dinme conta de que todo se trataba dun propósito e que cada día presenta un novo desafío que hai que enfrontar e é a través da danza que trato de dar sentido ó mundo.
Estamos atravesando traxedias inimaxinábeis nun tempo que mellor podería describir como a era posthumana. Máis que nunca necesitamos bailar cun propósito para recordar ó mundo que a humanidade inda existe.
Propósito e empatía deben prevalecer ó longo dos anos e anos de innegable paisaxe virtual de disolución que deu lugar a unha catarsis de dor universal que conquista a tristeza, a dura realidade que continúa permeando ós vivos e ós que se enfrontan á morte, ó rexeitamento e á pobreza.
A nosa danza debe máis que nunca dar un forte sinal ós líderes mundiais e a aqueles a quenes se lles confía salvagardar e mellorar as condicións humanas, de que somos un exército de pensadores furiosos e que o noso propósito é puxar por cambiar o mundo paso a paso.
A danza é liberdade, e a través da nosa atopada liberdade, debemos liberar ós demais das trampas ás que se enfrontan nos diferentes cantos do planeta.
A danza non é política, pero tórnase política porque leva na súa fibra unha conexión humana que por tanto, responde ó seu contexto no seu intento de restaurar a dignidade humana.
A medida que bailamos, cos nosos corpos caendo no espazo e enredándonos xuntos, nos convertimos nunha forza de movemento tecendo corazóns, tocando almas e proporcionando curación que é tan desesperadamente necesaria.
E o propósito convértese nunha hidra dunha sola cabeza, danza invencible e indivisible.
Todo o que precisamos e só bailar un pouco máis!”
Gregory Vuyani Maqoma
Como non coñecía ó autor do manifesto, procurei algo de info sobre el. Compártoche un vídeo: “Beautiful me”
Próximas ocasións para bailar:
- Bailamos hoxe para celebrar o día da Danza? Déixame teu mail aquí embaixo (antes das 17h) para enviarche o acceso
- Queres disfrutar das Clases de Danza Regulares Online? Fai a túa inscrición aquí
- Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.
Deja tu comentario