Masterclass de Danza en Streaming Gratuíta

Como funcionan as Masterclass en Streaming?

Unha vez que nos deixes teu mail, recibirás no teu inbox un mail noso de benvida.

A partir dese momento, cando teñamos programada unha masterclass en streaming, avisarémoste, indicándoche día, hora e dándoche o acceso á sesión.

Si non puideras estar na próxima, déixanos o teu mail igualmente porque poderemos darche acceso á sesión gravada e avisarémoste doutras!

Que precisas para disfrutar da Masterclass en Streaming?

Un espazo de dous metros cadrados, roupa cómoda, auga e o teu dispositivo (móbil, tablet ou ordenador) para ver o vídeo. Recoméndoche uns bos altavoces.

Ah, e ganas de aprender, disfrutar e pasalo ben!

Si queres saber o ben que nos senta bailar, podes seguir lendo embaixo. Si o que queres é saber máis sobre min, aquí podes!

Teño axudado a máis de 100 alumnxs a conectar co seu corpo, liberarse e divertirse.

Me gustan mucho tus clases y me gusta el baile africano aunque a veces lo siento muy diferente y me cuesta “entenderlo” y eso me hace sentirme un poco fuera de lugar. Para mi es muy complicado “sacar” mis sentimientos, sin embargo cuando acabo tus clases, me siento bien, feliz y más en contacto conmigo mismo y con las personas que me rodean. Gracias!


Inma B.

Agradezo moito as clases! Para min foi un descobremento collinlle o gusto á danza en moi pouco tempo.

Con estas clases descubrín o ben que senta facerse consciente do corpiño. Noto moitísimo esa horiña e media semanal de facerme caso, ser consciente de min mesma, reírme e disfrutar.

As clases provócanme moita alegría. Saio hiperactiva, penso que podo facer de todo! Ao saír de danza teño un cambio radical de actitude, de atención… Síntome relaxada, co corpo activo e a mente activa.


Claudia Álvarez

“Paseino xenial. Fas moi fácil bailar… eu que non son moi “flexible” entrei a tope no ritmo… moitas grazas de novo.”


Santi Alcalá

Utilizo a sabedoría popular tradicional do oeste de África plasmada na danza, para que poidas frear o envellecemento prematuro, para que te sintas vital e ilusionada e recuperes o tempo para ti; para alimentar a túa alma.