Guidamba, homenaxe nais, homenaje madres

Guidamba; homenaxe ás nosas nais

Hoxe quero falarche dun ritmo chamado Guidamba (tamén Somba Koro ou Didyamba) da rexión de Hamana en Guinea Conakri.

Guidamba é un ritmo que se toca en numerosas ocasións e con moita frecuencia. É habitual escoitalo en vodas e en bautizos ou unha semana despois do nacemento dun bebé.

O percusionista Famoudou Konaté (unha das persoas que máis extendeu a cultura do djembe no mundo occidental) popularizou Guidamba nun disco-libro (Rhythms and Songs from Guinea) que é un método para aprender a tocar varios ritmos Malinkés.

No disco de Famoudou hai un canto no Guidamba que ven falar das nais. Este canto ven dicir que non importa os erros que teñan cometido as nosas nais, debemos respetalas, querelas e coidalas sempre.

O certo é que tódalas veces que eu falei cun africano/a do oeste de África sentín sempre o seu profundo respeto polas súas nais.

Aproveito este post no que che presento o ritmo Guidamba para homenaxear a tódalas nais e en especial á miña, claro! Gracias por todo!

Guidamba é un ritmo que se baila, por suposto, pero non en grupo e con coreografía. É un ritmo para solear. É dicir, cando se fai a festa, fórmase o círculo entre músicos e espectadores e as persoas que queiran bailar van entrando no círculo a bailar.

Guidamba será o ritmo do último trimestre. Este último trimestre está repleto de xogos e dinámicas que nos permitirán atopar novas linguaxes no corpo. Trátase de espertar o que estaba escondido.

E claro, buscaremos tamén como solear. Reconozo que para min a improvisación e difícil e téñolle algo de medo. Pero teño roto con certas barreiras gracias a profesoras que estimulan e acompañan, que aconsellan e mediante pautas permiten que teus solos cheguen.

Esto tamén quero transmitircho. Solear con cero pautas para min é difícil, pero con pautas e acompañada é un exercicio moito máis doado.

Invítote a que comeces con nós o terceiro trimestre!

Inda que non teñas vido a clase anteriormente, podes aproveitar os meses de abril, maio e xuño.

Neste trimestre, por medio de xogos e dinámicas seguiremos traballando a nosa forma física, coordinación e control corporal. A diferencia é que lle daremos cabida á improvisación pero con pautas, acompañada de exercicios. É o trimestre da creatividade, o máis divertido, ideal para que busques a túa cor, para que reluza o que tes no teu interior.

Xa sabes, as prazas son limitadas así que non o dubides, reserva xa!

Solicita a túa praza antes do 25 de marzo! 

Estes son os grupos:

  • Martes de 18:45h a 20:15h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • Martes de 20:30h a 22h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • Mércores de 12h a 13:30h en Galinké (r/Castiñeiriño, 21); Santiago de Compostela
  • Mércores de 20:30h a 22h no Casino 1889 (r/Vázquez de Parga, 1); Carballo
  • Xoves de 20:15h a 21:45h en Galicia Montessori (r/Agrelo, 3); Bertamiráns

Solicita a túa praza! 

Quero reservar praza nas aulas regulares!!

Si non nos coñeces ou non te podes facer unha idea do que pasará no trimestre, tamén podes solicitar unha aula de proba gratuíta antes do 25 de marzo aquí!

Que teñas bo día!

P. D. Queres escoitar a canción do Guidamba que fala das nais? Non atopei a canción de Famoudou Konaté para compartir, pero si a un grupo de alumnxs franceses cantándoa. Podes escoitala aquí ou vir a clase e aprendela con nós!

Quero reservar praza nas aulas regulares!!