Aproveita as xornadas de portas abertas, agora podes probar unha aula de danza africana gratuítamente e sen compromiso.

Estes son os horarios e lugares para o curso 19/20:

AULAS REGULARES

Santiago

Galinké

Rúa do Castiñeiriño 21

Carballo

O Casino 1889   

Rúa Vázquez de Parga 1

Bertamiráns

Galicia Montessori

Rúa Agrelo 3

Martes         12:00 a 13:30h     Inscribirme

Martes         18:45 a 20:15h    Inscribirme

Martes        20:30 a 22:00h    Inscribirme

.

.

.Mércores    20:30 a 22h     Inscribirme

.

.

Xoves      20:15 a 21:45h    Inscribirme

—> Desliza para ver os horarios completos

Tamén podes descargar aquí os horarios de Danza Malinké

Teño axudado a máis de 100 alumnxs a conectar co seu corpo, liberarse e divertirse.

Me gustan mucho tus clases y me gusta el baile africano aunque a veces lo siento muy diferente y me cuesta “entenderlo” y eso me hace sentirme un poco fuera de lugar. Para mi es muy complicado “sacar” mis sentimientos, sin embargo cuando acabo tus clases, me siento bien, feliz y más en contacto conmigo mismo y con las personas que me rodean. Gracias!


Inma B.
Testimonio de Claudia Main

Agradezo moito as clases! Para min foi un descobremento collinlle o gusto á danza en moi pouco tempo.

Con estas clases descubrín o ben que senta facerse consciente do corpiño. Noto moitísimo esa horiña e media semanal de facerme caso, ser consciente de min mesma, reírme e disfrutar.

As clases provócanme moita alegría. Saio hiperactiva, penso que podo facer de todo! Ao saír de danza teño un cambio radical de actitude, de atención… Síntome relaxada, co corpo activo e a mente activa.


Claudia Álvarez

“Paseino xenial. Fas moi fácil bailar… eu que non son moi “flexible” entrei a tope no ritmo… moitas grazas de novo.”


Santi Alcalá

Utilizo a sabedoría popular tradicional do oeste de África plasmada na danza, para que poidas frear o envellecemento prematuro, para que te sintas vital e ilusionada e recuperes o tempo para ti; para alimentar a túa alma.

Os excesos do traballo e a falta de coidados xa se notan na túa saúde?

Envelleces pero quizais máis rápido de como a ti che gustaría?

Certamente, teu corpo pídeche actividade e coidados, pero abúrreste como unha ostra no ximnasio e o que necesitas é divertirte?

Non sei si coincides comigo pero os luxos de hoxe día non son posuír un coche de gama alta ou viaxar a un lugar paradisíaco; os luxos de hoxe día son durmir ben polas noites, vivir libre de estrés, gozar de boa saúde (sen medicación), sentirse alegres ante cada novo día en lugar de sobrepasadxs, ter vitalidade ata o fin do día ou tempo para nós mesmxs, evitar un envellecemento prematuro…

Podes facer algo para evitar que esta sexa unha situación irreversible? Claro que si.

Dicía Einstein: “Si buscas resultados distintos, non fagas sempre o mesmo.”

Canto valor ten para ti durmir ben, reducir as dores, a medicación, recuperar a ilusión, frear o envellecemento?

Observei numerosas veces evolucións sorprendentes. Son realmente afortunada por con-vivir as revelacións dxs alumnxs e ser testigo de miradas e sorrisos brillantes.

Gustaríame poder ser testigo das túas. Por iso poño á túa disposición a oportunidade de gozar dunha clase sen costo algún e sen compromiso.

Si non che cadran ben esas datas ou horarios, anótate igualmente, avisareite da próxima convocatoria.