Podes vivir feliz emancipadx do teu corpo, doutras persoas e da natureza?

Cres que podes vivir ben emancipadx (desconectadx/independente) do teu corpo, doutras persoas e da natureza?

Que elementos cres que son imprescindibles na túa vida para levar unha vida plena?

Hai pouco ía escoitando un podcast dun programa de RNE3, El Bosque Habitado (un programa sobre ecofeminismo) no que falaban desas grandes mentiras que imperan no sistema socioeconómico no que vivimos, esas grandes falsas aparencias sobre o que nos conduce á felicidade.

Mencionaban esas emancipacións das que falaba anteriormente.

Que relación ten isto ca Danza Tradicional do Oeste de África? Moita, verás:

Imaxino que che será fácil conectar a danza, ca necesidade de coidar o teu corpiño, non?

Realmente sempre que esteas a facer un exercicio físico estás a conectar, a darlle importancia ó teu corpo; pero dende o meu punto de vista, as artes marciais e a danza son disciplinas que che proporcionan un coñecemento máis xenuíno sobre ti mesma e un maior control.

A danza posúe a maiores a cualidade de ser unha arte; utilizamos o noso corpo para transmitir mensaxes, emocións, fantasía…

Imos co segundo punto: a emancipación da comunidade como un camiño que nos achega á felicidade. Estás dacordo?

Eu, para nada. Son unha persoa bastante independente e gústame ser autosuficiente, pero sei que necesito doutras persoas, necesito relacións verdadeiras e amorosas, para vivir plenamente. Saber vivir en grupo, convivir, é felicidade.

E que ten que ver isto ca Danza Tradicional do Oeste de África?

De forma tradicional, nos pobos do oeste de África a danza é grupal, comunitaria, de todxs e para todxs. Non hai diferenza entre espectador e artista, os papeis se intercambian continuamente. Báilase con música en directo e sempre hai un intercambio entre xs músicxs e xs bailarínxs.

En clase acontece o mesmo, temos percusión en directo e necesariamente traballamos en grupo. Introduzo moitas dinámicas de grupo e os resultados coreográficos, sempre son do grupo enteiro.

Así que mediante a danza, imos achegándonos ó noso corpo e imos tamén aprendendo a convivir.

Que pasa ca desconexión ca natureza?

A miña formación como doutora en Bioloxía, faime ben consciente do necesario que é vivir dentro dun entorno natural e coidalo.

O máis tanxible: a natureza proporciona os nosos alimentos, os recursos para construír as nosas vivendas e a enerxía. Pero hai tantos outros bens intanxibles igual de importantes: respirar aire fresco do mar, camiñar pola area, respirar as fragancias naturais que hai nun bosque…

Eras consciente? Estás dacordo? Que relación ten a Danza Africana con isto?

ONDAS DE ÁFRICA é un curso intensivo que terá lugar o 21 e 22 de xullo, cunha parte do curso na Praia de Razo.

Si, é un curso deseñado para que poidamos desfrutar deste entorno natural privilexiado, da praia do mes de xullo.

Si, ONDAS DE ÁFRICA conéctate co teu corpo, con outras persoas e ca natureza!

Estou a confeccionar unha lista de aviso preferente. Só as persoas que estean nesta lista serán avisadas dun prazo de pre-inscrición que terá un prezo reducido no 20%. Aquí tes toda a información.

Si queres disfrutar do 20% de desconto no curso ONDAS DE ÁFRICA, inscríbete na lista de aviso preferente.

Déixoche embaixo o link ó podcast de El Bosque Habitado por si tes curiosidade!

El Bosque Habitado, ecofemenino mayestático

Si tes comentarios, non dubides en deixalos embaixo.

Que teñas unha feliz semana!