Ensínoche un fragmento da córeo que traballaremos no Ondas de África

Queres un adianto do que faremos no Ondas de África?

No vídeo de hoxe vouche ensinar un fragmento pequeno da córeo que ensinarei no curso Ondas de África.

Tes aquí toda a información sobre o Ondas de África. Podes anotarte á lista de aviso preferente para beneficiarte do 20% de desconto, só ata o 30 de xuño!

Desta vez, por fin, teño comigo a Lobo e a Garban, que son músicos habituais nas aulas e serán quenes nos acompañen no curso Ondas de África. O importante é que neste vídeo teño percusión!!! Non cha podo facer chegar “viva”, pero podes sentila 😉

Invítote a que tentes desgranar esta pequena frase de Sinté 😉 porque non me gravo para que me vexas bailar que iso non é nada interesante, grávome para facerte bailar a ti.

No post “Queres aprender a simplificar movementos complexos” eplícoche un método para que poidas desgranar os movementos complexos e así abarcalos máis fácilmente. Podes poñelo en práctica con este vídeo.

Antes de despedirme, dicirche que o fragmento que che mostro é só unha parte de todo o que imos facer no curso e que me reservo  as dinámicas que faremos na Praia de Razo, para sorprenderte.

Si tes comentarios, non dubides en deixalos embaixo. Prometo ir mellorando a calidade da información que che ofrezo e as túas críticas (construtivas) e comentarios axudaranme tanto a mellorar os aspectos técnicos como a atopar contidos que che interesen.

Déixoche o link ó post que menciono Queres aprender a simplificar movementos complexos

Que te divirtas!

P.D. Benefíciate do 20% de desconto anotándote na lista de aviso preferente que atoparás na páxina do Ondas de África. Pecharei esta lista o 30 de xuño!