Exercicio de brazos, control e consciencia corporais, brazos, como mover los brazos, ejercicios de técnica en Danza Malinké

Exercicio: tres movementos de brazos

Ola, moi boas!

Seguimos cas sesións de técnica deste mes de maio.

Hoxe quero ensinarche tres movementos de brazos.

Son movementos interesantes porque son moi frecuentes e porque con cada un deles traballas distintos aspectos.

Temos hoxe: arco de brazo, ondas cos brazos e círculos que empuxan. Buff, que difícil é poñer nomes ós movementos; así que, aquí me quedo porque… necesitas ver o vídeo.

Espero que che gustaran e que che valgan para ir coñecéndote. Estou segura de que estes movementos van aparecer nalgún curso de danza que fagas e vaiche ser de axuda telos traballado.

Adiántoche só que estes movementos poden ter unha evolución, acompañando co peito. Esta evolución ensinareicha a próxima semana!

P. D. Que plans tes para o 15 de xuño?

Nós (a comunidade de afrodanzates, afrofrikis, galinkeiros e demais persoas amantes da percu e danza malinkés) temos unha cita ineludible o sábado 15 de xuño en Santiago de Compostela: o Galinké Folí!

O Galinké Folí, é a festa de fin de curso da Asociación Cultural Galinké, na que ademais de mostrar o que se fixo nas aulas de percu e danza durante todo o curso, tamén poderás gozar de obradoiros, concertos, comida e… en definitiva festa arredor do mundo Malinké. Achégate e participa!

P. D. 2 Como che dicía que si repetías os movementos durante bastante tempo, podías alongar, aquí che deixo un enlace no que atoparás distintas rutinas de alongamentos

Categorías

Artigos recentes