Veeeeña, vamos alongar que presta ben!

Os alongamentos, por moito que nos pese, son necesarios para alongar a vida do noso chasis (referíndome á musculatura e osos).

Si o pensas ben, acaso non é mellor contar con propio corpo, para aliviar dores do propio corpo?

As contracturas musculares están á orde do día. Non precisas ser deportista para sufrilas, basta con ter pouca consciencia, un traballo que te sobrecargue ou unha sobrecarga de tipo emocional.

Os alongamentos permiten que o agarrotamento muscular se alivie e con esto diminúan tamén as dores. Evitamos tamén que a nosa estrutura ósea non se vexa sometida a presións indebidas.

Humana coma ti, si non fora polas clases, non alongaría nin a metade. Pero recoñezo que son das poucas persoas que alonga de forma rutinaria.

Cal é a miña diferencia?

Que coñezo un abano bastante amplo de alongamentos. Isto permíteme tirarme no chan e alongar sen esforzo (alongamentos pasivos), alongar en parella, de pé si non quero ir ó suelo (ou non podo)…

Nesta sección comparto este coñecemento contigo, para que comeces a vivir mellor, con menos dores!