ejercicios de brazo con pecho, ejercicios de control corporal, impulsos danza malinké

Exercicio: tres movementos de brazos con peito

Ola, moi boas!

Que tal vas este mes cos exercicios?

Espero que esteas practicando, xogando, probando, experimentando…

Xa sabes, coma sempre precisas paciencia. Son as repeticións as que nos dan control.

E ollo, non te manques, respeta a túa estrutura corporal e non forces os movementos.

Hoxe ensínoche tres movementos de brazos con peito.

Ou sexa, que o que che ensino hoxe é unha evolución dos movementos que che ensinei a semana pasada (Tres movementos de brazos).

Desta vez, ensínocho en forma de reto: será a túa labor analizar o movemento.

Prometo que estas son inercias que acaban chegando e que moitas veces o que precisamos é practicar sen xuízos contra nós mesmas. Porque si non sabemos como mover o peito e ninguén nos explica nada (como eu hoxe), que recursos temos? Probar e xogar. Chegará o momento no que aparecerá o movemento!

Máis difíciles verdade?

Recoñezo que desarticular este tipo de movementos me resulta máis difícil ca outros, pois hai movementos que aprendín copiando e dende a intuición e descodificar a técnica é algo difícil.

Esto é o mesmo que lle pasa a moitos mestres africanos, así que, mira por onde, hoxe podo comprendelos mellor.

Esto da “desarticulación” dos movementos é todo un arte e tamén sobre esto teño falado: Queres aprender a simplificar movementos?

Non desistas, é cuestión de tempo!

P. D. Si non tes planes para o 15 de xuño, convídote ó Galinké Folí! A festa da danza e música africanas que organiza a A. C. Galinké. Nesta festa poderás gozar de espectáculos de danza e percu, de comida, de música, de artesanía… sempre co oeste de África no punto de mira.

Queremos que as persoas con inquedanzas similares (xs afrofrikies) teñamos un espazo de encontro, convivencia e disfrute. Encantaríame que viñeras!

Categorías

Artigos recentes