Cansada de estar cansada-como quitar o cansancio bailando

Cansada de estar cansada?

Rematas a xornada laboral extasiada, con ganas de pegarte unha ducha e tirarte no sofá? Ou xa che custa arrancar pola mañá? Quizais o teu caso sexa que non paras de moverte e a túa musculatura leva moita tralla.

Como ves, hai distintos tipos de cansancio.

Obviamente, si non dormes abondo e non te nutres ben, estes factores serán os desencadenantes da fatiga. Para recuperarse: hai que durmir ben e nutrirse (non vale só con comer, se non que hai que comer ben e abondo).

Pero hai outro tipo de carencia enerxética que ten que ver cun desgaste psicolóxico, emocional, anímico…

É o cansanzo daqueles días nos que non tes ánimo para saír da cama, as pernas pesan, os pes pesan. Parece incluso que a lingua pesa. É case como un baleiro.

É unha fatiga que te pon de mal humor, que te impide pensar con lucidez, é unha fatiga moi negativa, pesimista.

Para min, esta fatiga supérase facendo algo (vendo, lendo, escoitando, vivindo) divertido e que che suba a enerxía.

Si realmente recoñeces esta situación, estás pasando por algo parecido, estás cansada de estar cansada e queres cambiar;  busca algo que che devolva a enerxía que che falta.

Inda que pareza mentira, o meu consello é que bailes. Si, a pesar de que sintas o teu corpo molido e que non teñas ganas ningunhas e de que penses que hoxe non das nin levantado unha perna; baila.

Cando bailamos danza tradicional do oeste de África, non só me pasa a min, se non que mo teñen comentado moitas alumnas, recuperamos a nosa vitalidade que é o que precisas para eliminar esa fatiga.

Si, é certo que podes acabar moi cansa muscularmente, pero éncheste dunha enerxía que non sei moi ben de onde sae, que che permite afrontar o día ou a semana cunha actitude positiva, aceptándote e queréndote mellor.

Sería algo así como si nos pegara unha sacudida, un calambrazo que ademais de recargarnos, nos centran.

Así que, si eres alguén que se encontra cansada, con poucas ganas de afrontar os días, eu invítote primeiro
a que tomes a decisión de cambiar esta situación.

P. D. Estou pensando xa nas bondades do verán e unha das actividades que máis me apetece é o ONDAS DE ÁFRICA, unha especie de campamento de danza veraniego con sesións de danza na praia de Razo que terá lugar no mes de xullo.

Si esto che parece suculento, anótate na lista de aviso preferente. Desta forma, recibirás as novidades sobre o ONDAS DE ÁFRICA  e terás a posibilidade exclusiva de pre-inscribirte e gozar dun desconto.