Sabes o que é realmente o Vudú?

Ves de viaxe a Benín? Sabes o que é realmente o Vudú?

Vudú, Vodún, Vudún, Vodum, Voudou…

Sentín que tanto por parte de Vincent Harisdo (o director do curso que fun facer en Benín) como por parte do governo de Benín, hai unha intención clara de achegar a cultura do Vudú ó planeta.

O Vudú foi unha cultura-relixión proscritas durante un tempo, pero que permaneceu nas sombras. Este feito axudou a que arredor do Vudú se creara unha certa mística, oscurantismo e que se tergiversaran algúns dos actos nos rituais.

Abrir as portas (a case todo) o que acontece nos rituais e permitir que non adeptxs esteamos presentes, normaliza a situación.

Dende logo que hai aspectos que poden ser chocantes, pero o que sí consiguen é limpar ó Vudú (polo menos ó que se practica en Ouidah) dun carácter escuro e malicioso.

Non atoparás nin bonecos con agullas nin sacrificios humanos no que eu che vou ir ensinando estes días.

Hoxe vou afondar un pouco máis no que é o Vudú de Benín, o Fa e as divinidades Sakpatá, Changó e Mamiwata.

En primeiro lugar voute deixar cas miñas primeiras reflexións e logo traducireiche un audio que nos compartiron. Deses audios sacas unha información máis veraz do que é realmente o Vudú.

Verás que está todo, bastante crudo. Sen apenas edicións.

Compártoche tamén unhas fotografías con imaxes ou símbolos de distintas divinidades.

Aquí podes descargar a transcripción do audio.

Imos con imaxes que representan algunhas das divinidades. Gustaríame poder coñecer como te imaxinas ti e a diferencia co que vas ver 😉

Divinidades VudúDivinidades Vudú II

A próxima semana iremos a unha Cerimonia, que foi a que máis me gustou de todas porque alí puiden ver a danza no seu contexto máis sagrado. Sen parafernalias e sen preparacións para un público europeo.

Interésache? Queres recibilo directamente no teu mail? Déixame teu mail en TanTanLetter

P. D. Tanto Vincent coma Sophie foron formadores neste curso, xa cun material máis contemporáneo. Ambos son moi recomendables, así que déixoche links a facebooks para que lle botes un ollo.

Vincent Harisdo : https://www.facebook.com/vincent.harisdo .

Sophie https://www.facebook.com/sophie.g.lautier da Cía Dju-dju https://www.facebook.com/ciedjudju/

E este é o centro onde durmiamos, comiamos e recibiamos as aulas “normais” https://www.facebook.com/CDACElijah/

O próximo ano, veste ti tamén, non? Eu se podo, repito!

Próximas ocasións para bailar:

  • Queres recibir clase de danza? Mentras non poidamos xuntarnos, as clases serán ONLINE. Podes sumarte inda que teñamos comezado xa porque en canto formalices a túa inscrición comezarás a recibir os vídeos, pero tamén as aulas atrasadas. Inscríbete e comeza a disfrutar da danza na túa casa!
  • Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.