
Ves de viaxe a Benín? Cerimonia de Benvida
Queres vir comigo de viaxe a Benín?
Eu quero levarte comigo a unha parte do xa vivido hai aproximadamente un mes.
Non importa que o meu presente e o meu pasado se confundan e se unan, non importa que ti non teñas estado alí.
Imos viaxar, no tempo e no espacio.
A miña intención nesa viaxe, ademais de aprender danza e descubrir outra cultura, a cultura do Vudú; era achegarche as miñas vivencias da forma máis auténtica posible.
Por iso fun facendo gravacións, das miñas experiencias e reflexións, audios das cerimonias, tamén saquei fotografías e gravei vídeos.
Preséntoche a información de forma ordenada e consciente para que a túa “viaxe” sexa o máis enriquecedora posible.
Primeiro os audios, sen imaxes.
Para que renunciar ó que ti te imaxinarás ó escoitarme ou o escoitar os sons ambientes das cerimonias?
E xa logo as fotografías e os vídeos.
Si che é posible, fai unha escoita consciente dos audios. Reserva un tempo para estar tranquila e presente naquelo que vas escoitar, para que poidas viaxar.
Esa é a miña proposta, pero por suposto, síntete libre para alterar a orde ou evidenciar algo do material que che ofrezo. Tanto aquí como alí, cada unha de nós ten unha viaxe diferente porque imos “buscando” cousas distintas.
Hoxe preséntoche o que foi a nosa primeira cerimonia Vudú, unha cerimonia de benvida.
Nesta cerimonia solicitamos permiso para poder estar física e espiritualmente dentro da cultura Vudú, polo menos o tempo que durase o curso.
Neste audio tes os primeiros sons ambiente:
Neste audio xa a miña explicación do que aconteceu:
Neste último audio outros sons ambiente da Cerimonia:
Imos con imaxes, a ver como encadras o que che presento entre o que recibiches dos audios
Verás como queda a terra tras facer unha ofrenda e consultar si nos era permitido adentrarnos no Vudú; tamén che presento ás mulleres cantando. Noutra imaxe verás ó sacerdote entrando no lugar onde bailaremos. Por último os primeiros saúdos ante o sacerdote e persoas iniciadas no Vudú.

E agora, o vídeo da Cerimonia de Benvida!
Ves o espazo pra bailar e seguramente lle quitarás misticismo a todo esto. Efectivamente, todo foi moi natural e moi normal. Non podes ver as danzas, porque eu xa estaba bailando!
Pero tranqui, nas próximas semanas sí terei oportunidade de mostrarche danza no contexto das cerimonias, que é o que a min me parece máis interesante.
Coñeces a alguén a quen lle poida interesar o que che vou contar nas próximas semanas? Reenvíalle e comparte, para que poidan deixarme o seu mail e facerllo chegar.
Para recibir os mails é tan só ir a TanTanLetter e deixar alí teu e-mail.
P. D. Tanto Vincent coma Sophie foron formadores neste curso, xa cun material máis contemporáneo. Ambos son moi recomendables, así que déixoche links a facebooks para que lle botes un ollo.
Vincent Harisdo : https://www.facebook.com/vincent.harisdo .
Sophie https://www.facebook.com/sophie.g.lautier da Cía Dju-dju https://www.facebook.com/ciedjudju/
E este é o centro onde durmiamos, comiamos e recibiamos as aulas “normais” https://www.facebook.com/CDACElijah/
O próximo ano, veste ti tamén, non? Eu se podo, repito!
Próximas ocasións para bailar:
- Queres recibir clase neste trimestre? Como as clases forzosamente serán ONLINE, estás a tempo de incorporarte. Inda que nós xa teñamos comezado, en canto formalices a túa inscrición comezarás a recibir as clases online, as atrasadas tamén ;). Aquí podes formalizar a túa inscrición.
- Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.
Deja tu comentario