Ves de viaxe a Benín? Cerimonia a Zakpatá

Ves de viaxe a Benín? Cerimonia a Zakpatá

Hoxe imos a unha cerimonia que se lle fixo á divindade Zakpatá.

Antes de introducirte, quero avisarte de que o contido que quero compartirche hoxe, NON É APTO PARA TÓDOLOS PÚBLICOS.

Estou en serio e non quero atraerte polo morbo ou pola curiosidade de que pasará.

Simplemente, vas ver unha cabra morta e a un home bailando con ela (breve) e a un rapaz bailando cun carallo de madeira na man. Tamén vas ver mulleres bailando, bah, que non é todo tan estrano.

Así, espétocho sen máis porque tampouco quero facer crecer a bola.

Quizais para ti sexa unha tontería, pero sei tamén que a sensibilidade de moitas se pode ver danada e prefiro avisarte xa.

Tiven certo dilema para sacar o post de hoxe.

Este é o contido máis morboso que che traio de Benín e como a idea é desmitificar pois non quero aportar un elemento que sexa facilmente levado a: mira que bárbaros son que bailan cunha cabra morta.

É o post máis facilmente “vendible” polo exótico e chamativo e eu non quería ir por este lado.

Pero por outro lado quero ensinarche o que vivín alí e isto foi unha parte, nada desdeñable.

Vas ver danza, que é o que a min me interesa. Con estes elementos tan particulares, pero danza.

A parte, unha vez que te aviso, xa é a túa responsabilidade ver ou non ver. Por que que isto sexa morboso ou violento, é unha cuestión cultural, así que tampouco teño porque dubidar de que poidas contextualizar e quitarlle importancia…

En fin, que ó final decido ensinarcho sobre aviso e confiando en que cada quen se coñece e pode decidir que facer.

Con todo, como che comparto audios, si non queres ver imaxes (nin fotos nin vídeos), quédate na primeira parte do post, así tamén recibirás info da festa pero sen as imaxes que che poidan poñer mal corpo.

Sinceramente, por máis que esa cerimonia fora impresionante (no sentido de causar moitas impresións), a cerimonia que máis me gustou foi a Cerimonia dos Trances xustamente por todo o contrario, porque non había florituras, porque non había ningún “espectáculo” máis que ver a todas esas mulleres nos seus mundos.

Comezamos polo audio ambiente, para que te introduzas na festa e viaxes cas imaxes que che veñan a ti á cabeza!

Agora as miñas explicacións gravadas dende Benín,do que foi esta cerimonia, onde che explico por exemplo os porqués dunha cabra morta ou dun meniño bailando cun carallo na man.

Unha pequena aclaración: no audio dígoche que Zakpatá é o equivalente a Dionisos que é o deus das festas. Máis concretamente: Dionisos é o deus da fertilidade, do viño, do caos, do desorden e do teatro…

Dúas imaxes que te introducen no que verás no vídeo.

Escenas Cerimonia a Zakpatá

E aquí o vídeo “resumo” dos bailes da Cerimonia a Zakpatá.

Non te quedes co morboso… Mira as danzas, os traxes, a música, as expresións da xente… En fin hai moito máis do que é o máis aparente!

A próxima semana, lévote comigo á Ruta dxs Escravxs. Non terei danza que mostrarche, pero sí achegarte a unha parte clave da nosa historia. Si, da nosa historia (inda que poida parecerche que está lonxe).

Con ese post, pechamos a Viaxe a Benín!

Que teñas unha feliz semana!

P.D. Si coñeces a quen poida interesarlle o que vou contando neste Blog, non dubides en compartirllo, falarlle del e de recordarlle que pode recibirme no seu inbox si me deixa seu mail na TanTanLetter

Gracias!

Próximas ocasións para bailar:

  • Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.