
Queres aprender tres movementos do ritmo Kassa?
Hoxe vouche ensinar tres movementos do ritmo Kassa.
Como xa che expliquei anteriormente, Kassa está relacionado ca agricultura, cas labores do campo.
Coñezo bastantes pasos de Kassa que eu chamo “representacionais” pois é doado ver neles algunhas accións.
Móstroche tres movementos completos. Non chos vou desgranar, como faría en clase para ensinarchos; quero que te busques a vida. Créalo ou non, é a favor da túa independencia.
É bo que vaias gañando un ollo que che permita bailar copiando sen moita explicación, que desarrolles a capacidade da imitación. Máis que nada, porque ter independencia sempre me parece bo e porque se viaxas algún día a África e queres aprender, o máis probable é que teñas que copiar.
Estes tres movementos son sinxelos, ideais para que entrenes a imitación.
Cun deles estaremos sementando, con outro recollemos froita e co último marchamos pra casa co cabazo cheo / paseámonos pola feira pra vender o recollido.
Propóñoche un pequeno xogo: adiviña cal é cal.
Estou segura de que che será moi doado!
Veña, dalle o play e ponte a bailar comigo!
Adiviñaches?
Co primeiro movemento recolliamos a froita, co segundo movemento paseabamos e co terceiro sementamos.
No vídeo da próxima semana ensinareiche outros movementos do ritmo Bobodón, de Burkina Faso.
Si queres aprender máis de Kassa ou de Bobodón, podes inscribirte nos cursos de Danza que farei nas xornadas Karang, o 14 e 15 de setembro en Santiago de Compostela.
INSCRICIÓNS ATA O 5 DE SETEMBRO
Aquí tes o formulario onde atoparás toda a información.
Eu xa me despido, déixoche embaixo o programa completo.
Feliz semana! Espero verte pronto!

PROGRAMA KARANG
Sábado 14 de setembro:
10:30h a 13:30h Danza Malinké I. Guinea Conakri. Tania Veiga, Sabela Fernández e músico por determinar.
16:30h – 18:30h Percusión de nivel iniciación (Percusión I). Andrés Rivero
18:45h – 20:45h Percusión de nivel medio (Percusión II). Papis Seydi
Domingo 15 de setembro
10:30h a 13:30h Danza Malinké II. Burkina Faso. Tania Veiga, Javier Pérez (Lobo) e Garban
16:30h – 19:30h Percusión para danza (Percusión III). David Bolaño
LOCALIZACIÓN:
Escola Vella do Castiñeiriño en Santiago de Compostela.
PREZOS:
Telos no formulario 😉
Están moi moi representativos, agora que sementar non sementaban patacas precisamente 😅😉
*sementabas
;)))