Movemento de Tiriba que evoca ó acto de botar as redes ó mar

Queres aprender un paso chulo do ritmo Tiriba?

Ensínoche a bota-las redes!

Imaxino que a estas alturas xa tes posto un pé na area e xa chegaron os primeiros baños no mar.

Ou eres das que inda non puido darse un respiro? Pois espero que chegue pronto, pero si non, aquí estou eu para axudarche.

Hoxe ensínoche a «botar as redes ó mar» ;).

Así podes ter os teus minutiños de desconexión e recargarte inda que sexa un pouquiño.

Nun post anterior dinche algo de información sobre o ritmo Tiriba e hoxe quero ensinarche un movemento.

Repito, por si non estás enterada, que Tiriba é un ritmo que posúe diferentes significados segundo as fontes. Un deles fala da relación de Tiriba co mar e cos mariñeiros.

Este último vai ser o significado que vou ter presente en Ondas de África – Fankasoo, curso no que o ritmo Tiriba será a base ca que crearemos as nosas danzas,  a partir de diferentes movementos e xogos.

En particular, hai un movemento de Tiriba que a min me evoca a tirar e recoller unhas redes. Non é un movemento sinxelo de todo, pero non pasa nada, ensínocho pouco a pouco.

Queres velo? No vídeo poderás velo e aprendelo!

P. D. Pasei moitos veráns aburrida entre a toalla, o traballo e a festa (un tipo de festa que pouco me aportaba).

Agora, inda teño toalla, traballo e festa, pero inclúo actividades que me aporten algo máis verdadeiro.

Si é o teu caso tamén, si queres facer algo diferente e enriquecedor inscríbete en Ondas de África – Fankasoo. Tes toda a información aquí!

E si che falta información podes escribirme a info@danzataniaveiga.com

O prazo de inscricións finaliza o xoves 11 de xullo!

P. D. 2. Pssst podes gozar dun prezo reducido só ata o 4 de xullo.

Quero inscribirme en Fankasoo!!