Thomas Sankara por que foi asasinado

Thomas Sankara, por que foi asasinado?

Hoxe toca completar o post da semana pasada no que che relatei algunhas das accións revolucionarias que realizou Thomas Sankara durante o seu mandato entre os anos 1984 a 1987.

Thomas Sankara realizou tanto en tan pouco tempo que resumilo nun só post me resultou imposible.

Para rematar a historia de Thomas Sankara (incompleta, de todos modos) debo explicarche cal foi a súa posición ante a débeda externa, porque esto foi o que o levou á morte.

Podes escoitalo no podcast ou seguir lendo 😉

A débeda externa, por si non sabes, funciona deste xeito (bueno, así é como de forma sinxela o entendo eu):

País A propón a país B unha serie de melloras e un plan de financiamento. País A deixa unha cantidade de diñeiro XX a país B para que invista no seu desenrolo. Este desenrolo permitirá ó país B devolver a débeda a país A en xx anos.

Aparentemente, todo iría ben, pero non é así por varios motivos:

  1. O plan de financiamento non é realista, está mal deseñado (adrede) e a devolución é imposible mesmo si o país B se “desenvolve” según o previsto.
  2. Normalmente os dirixentes se quedan ca pasta e non se fai nin o 10% do “plan de desenvolvemento”.  Ou sexa, imposibilísima de devolver.
  3. As circunstancias económicas cambian: hai crise, o que conleva que os intereses sobre as débedas ascenden. Para facer fronte ó incremento da débeda, se limitan os recursos para a poboación, que estará peor nutrida, peor escolarizada, con peor saúde; os recursos naturais se deixan utilizar (e destruír) polos países A…

En definitiva: países A máis enriquecidos, países B máis empobrecidos.

Thomas Sankara realiza un discurso na OUA (Organización para a Unión Africana) de 1987 en Addis Abeba e invita a tódolos países a negarse a pagar a débeda.

Si non pagan, os prestamistas non van morrer; sen embargo si pagan seus cidadáns si morrerán.

É xusto someter os seus cidadáns a esta morte lenta? É xusto adquirir a responsabilidade de malas decisións e acordos que se contraíron no pasado?

E de forma premonitoria afirma:

Si obteño o apoio de todos, o ano que ven estaremos todos de novo aquí reunidos. Si non recibo os apoios necesarios, eu serei o único que non estea con vós o próximo ano.

En menos de tres meses, tras este discurso é asasinado.

As circunstancias do seu asasinato foron truculentas e a día de hoxe non se sabe oficalmente quen o matou pero se especula… Como el mesmo dixo en relación a outro dirixente: para saber quen o matou, observemos quen se beneficiou da súa morte.

O seu sucesor, Blaise Compaore, quen era seu man a man e quen ía continuar co seu legado, ó final adoptou unha posición pro imperialista, cas políticas xa coñecidas por experiencias anteriores e repetidas noutros países. Francia volvía a durmir aliviada…

Thomas Sankara foi un rebelde e un revolucionario, podes enteder xa, por todas as medidas que adoptou. Era perigoso para os países colonizadores, para os dirixentes que se beneficiaban deste imperialismo, do capitalismo.

Cometeu erros, por suposto: tivo presos políticos e dentro dos subnúcleos de poder cometéronse abusos. Non puido controlalo todo.

Thomas Sankara morreu, pero seu legado sigue vivo. Abriu camiño, ensinou que é posible soñar e conseguir. Foi un adiantado á súa época, tanto que inda hoxe é venerado, que inda hoxe hai militantes que buscan restituír as súas políticas.

Thomas Sankara é merecedor de ocupar un lugar na historia das relacións coloniais que inda hai hoxe en África.

Si con esto consigo que che entre curiosidade pola súa figura, por outras que puidera haber no continente, si consigo que te replantees como se escribe a orde mundial. Si consigo que vaias ó mapa pra situar Burkina Faso, ou que teñas ganas de viaxar ata alí; xa valeu.

Si te deixo removida, xa valeu.

Podes ver este documental, que é o único que atopei con subtítulos en castelán: Captain Thomas Sankara. É de pago, pero vale pouco e está ben contribuír con este coñecemento, non?

Feliz semana!

Próximas ocasións para bailar:

  • Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.