
Sabes cal é o ritmo Celeiro de entre os Malinkés?
Kassa en malinke significa graneiro ou máis do noso xeito: celeiro ou cabazo (un hórreo feito de materiais vexetais).
Kassa é o lugar a onde se levan as sementes recollidas para gardalas.
Tamén é un ritmo malinké. O ritmo Kassa acompaña nas colleitas e por tanto é un ritmo vinculado á agricultura, á fertilidade da terra.
Falando de Guinea Conakry, da rexión Kouroussou, as terras que se traballan poden estar ben lonxe da aldea, a máis de 10 kilómetros.
Chega o momento da colleita. Os homes mozos e maduros dos pobos xúntanse para ir traballa-las terras. Primeiro a caminata e logo o día enteiro ou días de labores.
Cando a tarefa require varios días, poden até facer unhas construcións para pasa-las noites.
Van acompañados das mulleres que se encargan de prepara-la comida.
E levan tamén ós músicos que estarán tocando e cantando Kassa durante toda a xornada.
Parece que a música alenta o traballo e faino menos duro.
Ó remata-la xornada inda hai enerxía para algo de festa e entón son outros ritmos os que se tocan.
O ritmo Kassa propiamente dito é o que eu conozo e é o ritmo co que comezaremos o curso.
Pero hai outros Kassa como o Kassa Dibon, Kassa Soro ou Soma Kassa; que descoñezo. Sei que teñen relación con todo o evento da colleita tamén, pero non sei nin como sonan nin como se bailan.
Kassa é un ritmo que me parece que reúne unha boas condicións para abrir este curso 19_20:
- Para min é un ritmo ó que se lle atopa de forma intuitiva o tempo e é máis doado bailar.
- Coñezo moitos movementos sinxelos
- Ten algún movemento máis complicado, interesante para ir introducindo unhas maiores complexidades.
- Moitos movementos son “representacionais” o que nos resulta máis doado de asimilar.Así en outubro, comezamos a quitarnos a ferruxe do verán con movementos sinxelos que comezaremos a disfrutar case de inmediato.
Espero verte en clase!
Estamos en período de inscricións que remata o martes 24 de setembro.
Deja tu comentario