Que significa Karang

Que significa Karang?

Ola!

KARANG, significa en idioma Mandinga APRENDER.

KARANG é o que queremos que fagas nos días 14 e 15 de setembro, en Santiago de Compostela.

KARANG son unhas xornadas con obradoiros de percusión e danza malinkés e xantar africano; para que poidas achegarte a unha parte da cultura do Oeste de África.

A Asociación Cultural Galinké (da que eu formo parte) organiza as xornadas KARANG para que, ademais de aprender, poidas coñecer á comunidade de amantes e aprendices da danza e percusión malinké; para que poidamos re-encontrarnos despois do verán e antes de que comece o curso.

Por iso podes vir e participar nos cursos que che parezan interesantes, pero tamén podes vir só xantar.

É unha ocasión estupenda para que poidas aprender, en boas mans e coñecer ós profes que impartirán aulas regulares de outubro a xuño, tanto de percu como de danza.

Coma sempre, esta asociación nos ofrece con moito cariño, a posibilidade de achegarnos a África por medio da danza, da percusión e da comida (que somos ben larpeiras!).

Dende Galinké creemos que a imaxe que predomina sobre o continente, é unha imaxe cargada de conflictos armados e miseria. Esta situación é real e é necesario poñer o foco, pero non é o único (nin sequera é o máis habitual, menos mal) que podes atopar no continente.

Para nós África é un continente maxestuoso, cunha riqueza e complexidade culturais despampanante.

Coñecemos un chisco dunha pequena parte de África e neste chisco, hai toooodo un universo cultural.

Queremos que ti tamén poidas achegarte.

KARANG cursos intensivos para aprender danza e percusión malinkés organizado por AC Galinké en Santiago de Compostela

PROGRAMA de KARANG:

Sábado 14 de setembro:

10:30h – 13:30h Danza Malinké I. Guinea Conakri. Tania Veiga e músicos

16:30h – 18:30h Percusión de nivel iniciación (Percusión I). Andrés Rivero

18:45h – 20:45h Percusión de nivel medio (Percusión II). Papis Seydi

Domingo 15 de setembro

10:30h – 13:30h Danza Malinké II. Burkina Faso. Tania Veiga, Javier Pérez (Lobo) e Garban

16:30h – 19:30h Percusión para danza (Percusión III). David Bolaño

No formulario de inscrición tes tooooda a info, cos prezos e as instrucións para a inscrición.

SÓ RECORDARCHE QUE O PRAZO DE INSCRICIÓN FINALIZA O 5 DE SETEMBRO DE 2019

Quero inscribirme en Karang

Si ves a clase, xa viviches os beneficios que aporta a Danza Malinké, pero gustaríame compartir contigo algunhas das palabras das alumnas:

Por medio da Danza Malinké, podes romper as barreiras da vergoña e do medo. Aprendín que sempre podo dar máis. A Danza axúdanos a gañar confianza e seguridade para medrar.

Síntese o calor do grupo e a conexión cas compas.

Descubrín que amo bailar (non sabes como me emociona escoitar isto dunha alumna), descubrinme como cando era nena.

Tras unha clase de Danza Malinké, acabo con enerxía, alegría e forza. Máis libre e máis viva.

Relaxada pero activa.

É a terapia semanal para os problemas cotidianos.

Coñezo, por ter vivido nas miñas carnes, os beneficios da Danza Malinké por iso estou moi dacordo con todo o que tes escrito enriba.

Podes entrar en contacto ca Danza Malinke nas xornadas Karang!

Aquí tes o formulario de inscrición de Karang.

Quero inscribirme e gozar da danza, da percu ou do xantar en Karang