Respiración, rumiación e ondas alpha

Respiración, rumiación e ondas Alpha

Si nunca viñeches a clase comigo ou si tampouco participaches dun curso intensivo, non tes nin idea de como rematamos.

Cun alongamento? Si, claro!

Cun relaxamento? Si, tamén!

Pero máis específicamente, estou a referirme ós últimos minutos.

Casi sempre rematamos igual: xuntámonos nun círculo, pechamos os ollos e levamos a atención a nós mesmas; por exemplo, á nosa respiración.

Pasamos así un tempiño ata que indico que traias á túa mente un pensamento bonito que poderás manter o tempo que queiras antes de abrir os ollos.

Rematar centradas na respiración ten o seu porqué. Coñecer os motivos che permitirá que lle poñas maior consciencia e que sexa máis beneficioso.

Si non ves a clase, podes facer igualmente a práctica na túa casa.

Por que pararnos a respirar?

Seguramente os beneficios sexan máis e por outros motivos, pero o que che explico é o que eu entendín ata o de agora:

  1. Pensamentos rumiantes

Non sabes de que che falo?

Son aqueles pensamentos, conversas, razoamentos, retóricas… que aparecen unha e outra vez na túa mente e que non che resolven nada.

Tanto poden vir de situacións no teu pasado que che fixeron dano e non están esquecidas – sanadas, como de situacións futuras que te imaxinas.

Uf, cantos cabreos teño vivido por cousas que só pasaron na miña cabeza.

Cantas tristezas dun pasado que xa debín ter resolto (internamente) moito antes, unha vez que procesei certa información útil…

Si todos estes pensamentos nos levaran a resolver situacións e problemas, todo estaría ben, pero non é así.

Non recordo a cita exacta nin quen a pronunciou, pero alguén dixo: Teño vivido unha vida de pena, a maioría desas experiencias horribles, tan só na miña cabeza.

Dou por feito de que ti tamén eres de pensamentos rumiantes porque eres de carne e oso, coma todas, e debes saber que este tipo de pensamentos xeran moita infelicidade, reactividade, cansancio, falta de ilusión, medos, frustracións…

Debes saber tamén que os pensamentos preceden á emoción e que condicionada por esa emoción vas tomar as decisións xx, vas falar dunha forma xx, vas recibir en resposta xx…

Como non vas acabar enfadada recreando na túa mente esa conversa que tes pendente co teu xefe? Como non vas a entristecerte ou enrabietarte si revives unha e outra vez algunha humillación vivida no pasado?

Vivir no pasado pode evolucionar en depresión. Vivir no futuro pode derivar en ansiedade.

Como lidar con estes pensamentos rumiantes?

Mediante un ratiño de atención sobre ti mesma ancorada no presente.

Non se trata de desfacerse dos pensamentos; trátase de darlle o seu espazo xusto (pouco). É dicir, que non se apoderen de ti.

Que aprendas a tomar unha posición de observadora dos teus pensamentos e que collas unha certa distancia.

Cando estamos na clase, neses minutos finais nos que o que facemos é respirar conscientemente, aparecerán estes pensamentos.

É o momento de entrenarnos para deixalos ir e voltar á nosa respiración. A respiración é o noso punto de encontro e de partida toda vez.

Si durante este tempiño consegues identificar como observadora estes pensamentos, deixalos ir e ancorarte no aquí e no agora da túa respiración, chapó!

Porque pasará que logo camiñarás pola rúa enfrascada nese rumiar, pero cada vez con máis frecuencia serás capaz de deixar ir e centrarte en algo máis agradable e útil.

Eu fáloche dende a miña experiencia. Dende que son consciente do que che estou contando e dende que practico, estou conseguindo identificar estes pensamentos e que se apoderen menos tempo de min. Podo desviar a atención a outros aspectos que sí me fan máis feliz.

Non se trata de evitar as emocións negativas, que todas teñen un sentido, trátase de darlles o espazo xusto, e que non nos invadan.

(podes seguir lendo ou escoitarme, xa sabes)

  1. Ondas Alpha e Theta.

Realmente para exercitarnos no anterior, non sería preciso que estiveramos levando a atención á respiración.

Poderiamos facelo levando a atención por exemplo a tódolos sons que chegan a nós neses instantes, podes levar a atención ás sensacións físicas que tes no corpo…

O importante simplemente é que vexas eses pensamentos que che veñen, que os deixes ir e teñas a onde volver.

Pero é certo que a respiración particularmente ten outro beneficio a maiores: o estado de calma

Digamos que hoxe día hai ferramentas para coñecer en que estado de “traballo” se atopa o noso cerebro; por exemplo, medindo unhas ondas cerebrais que varían en función das actividades que estamos facer.

Existen cinco tipos de ondas que definen cinco estadíos da nosa mente:

Ondas Gamma: máximo rendemento por exemplo en actividades de elevada concentración e creatividade pero tamén de pánico.

Ondas Beta: as máis frecuentes. Estás desperta e desempeñando actividades que requiren concentración e toma de decisións e no seu nivel extremo correspóndese ca ansiedade e rumiación.

Ondas Alpha: estás desperta e relaxada.

Ondas Theta: son as que aparecen antes de quedar durmida ou moi moi relaxada.

Ondas Delta: as que se rexistran cando estamos durmidas.

Nunha situación estresante o noso cerebro emite sobre todo ondas Beta no seu nivel máis extremo, cercano xa ao estado Gamma.

Maaal, maaaal 😾  Parece que pasamos así moito máis tempo do que deberiamos.

Non podemos estar nun estado de estrés si a nosa respiración é calmada. Sorte a nosa!

Por eso podemos utilizar a respiración para mudar dun estado mental Beta (estresado) a un Alpha ou incluso Theta.

Pra min isto é como darlle caricias ás neuronas, é como dicirlles: chuliñas, fixéstedelo moi ben hoxe así que agora chegou o momento de descansar e de repoñervos.Ollo, que con esto non vaias a pensar que hai ondas boas e ondas malas.

Tódolos estados mentais son propicios para certo tipo de actividades que precisamos. Non podes estar pasmando si hai un tigre con fame detrás de ti.

O que é importante é saber volver á calma e pasar máis momentos neste estado.

Nos últimos minutos de clase, e a través da respiración, estás a entrenarte en detectar os pensamentos rumiantes para darlles a cabida xusta e estás dándolle ó teu cerebro actividade Alpha ou Theta!

Agora xa sabes que ese instante de finalización vale ouro!

Se queres indagar no tema, podo recomendarche algunha charla de Mario Alonso Puig ou o libro “Mindfulness: El Arte de Controlar tu Mente” de José Manuel Calvo Cobo, de onde extraín a info das ondas.

Comparte si cres que alguén lle pode sacar proveito! Ambas cho agradeceremos!

Que vivas neste día, máis alpha e menos rumiante!

··  ··  ··  ··  ··  ··  ··

P. D. Queda pouco para que comece o último trimestre do curso. Comezaremos con ritmo novo e córeo nova, dende cero. En abril é o momento de incorporarte si non puideras facelo anteriormente. Aquí podes facer a túa inscrición e máis tes a info que precisas.

Adxudicamos as prazas por orde de inscrición e terás que facela antes de abril, claro.

P. D. 2 Non deixes de recibirme no teu inbox! Déixame teu mail en www.DanzaTaniaVeiga.com/TanTanLetter

Próximas ocasións para bailar:

  • En abril comezamos trimestre novo, xa sabes que é o momento para incorporarte si non o puideches facer ata agora. Aquí podes facer a túa inscrición. As prazas adxudícoas por orde de inscrición e só será posible inscribirte antes de abril.
  • Si non me coñeces e queres probar unha clase, tamén poderás facelo na primeira semana de clase. Anótate aquí!
  • Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.