
Recomendacións peliculeras africanas
Que tal estás?
O post de hoxe é sinxeliiiiño de todo, porque o que quero é recomendarche unhas pelis para que poidas ver nestas datas.
Non é temática navideña nin nada desto, pero é que nestas datas temos máis tempo e normalmente, parte dese tempo é no sofá e parte dese tempo é compartido en familia. Así que, creo que son unhas datas ideais para consumir pelis.
Teño catro recomendacións, dúas para adultos e dúas de debuxos animados para o público infantil (inda que a min me encantan ;))
As recomendacións para adultos, son dúas pelis baseadas en libros de Mia Couto, un escritor mozambicano. Mia Couto flota sobre o surrealismo máxico, así que con estas pelis poderás aproximarte ao entorno da guerra en Mozambique sin tanques e cunha brétema de ensoñación.
Son pelis bonitas, daquelas que conseguen mostrarche unha historia bonita, un tanto inocente, dentro dun contexto bastante duro.
mmm si teño que buscar a algún director que sexa algo coñecido… a cabeza váiseme a Kusturika quen tamén bebe do surrealismo máxico para retratar as guerras dos 90 en Iugoslavia.
Aquí tes:
- “Terra Sonâmbula”, con subtítulos en inglés e en portugués.
- “O dia em que explodiu Mabata Bata”, con subtítulos en portugués
As recomendacións que podes ver cxs teus cativos son dúas pelis que teñen ao mesmo protagonista: Kirikú, un meniño bastante inquieto e con poderes moi especiais. Son moi chulas!
- “Kirikú y la bruja”, en castelán
- “Kiriku y las bestias salvajes”, en castelán
Espero que pases unhas felices festas, que poidas descansar, sentirte ben, evitar adquirir riquezas superfluas e gañar moitas riquezas profundas!
Abur!
P.D Se inda che faltan regalos por comprar… Ou si estás buscando un regalo respetuoso co medio ambiente, cas culturas, cas persoas e que faga sentirse mellor a quen o recibe (é difícil eh…); podes regalar Danza Malinké! Si queres que che faga un bono regalo, escríbeme a info@danzataniaveiga.com. Si non precisas bono regalo, só tes que facer a inscrición 😉
Próximas ocasións para bailar:
En xaneiro comezamos trimestre novo! O que significa que te podes incorporar ás aulas (ou si xa ves e queres continuar, non esquezas dicirmo en clase) ou vir probar nas xornadas de portas abertas.
Solicita praza antes do 31 de decembro (podes regalar Danza Malinké no Nadal ;))
Non sabes canto che agradezo que me axudes a difundir esta información! Boca-orella, emails, RRSS…
- Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.
Deja tu comentario