Bobodón segundo trimestre curso 19 20

Bobodón, a danza deste trimestre

Bobodón foi o ritmo sobre o que estivemos traballando neste segundo trimestre do curso 2019_2020.

Todo un reto tanto para os músicos como para as alumnas e para min mesma porque este ritmo ten unha métrica algo distinta do habitual.

É algo así coma un vals, con ese 1, 2, 3; pero en seis tempos: 1 , 2, 3, 4, 5, 6. E a ver si me explico… coma se en cada tempo tocaras muiñeira.

Os movementos que hai en Bobodón, non me parecen particularmente difíciles. Hai un algo complexo pero é o único. A dificultade está en facer os pasos ben medidos dentro do ritmo, porque xogamos moito. Podemos acompañar da forma máis intuitiva eses 1, 2, 3. Ou podemos casi transformar os seis tempos en catro.

 

Imposible explicalo con palabras, casi que prefiro que vexas o vídeo, que te divirtas e espero que gustes!

Bobodón é de Burkina Faso

Concretamente da vila Bobodialasso, un ritmo e danza moi popular neste lugar.

A Burkina Faso hei de viaxar algún día, pois é tarefa pendente. Cada vez lle teño máis ganas, sobre todo desde que descubrín a Thomas Sankara e o pouso que del inda queda.

Peeeroo, como recentemente estiven no Benín, seguro que neste trimestre estamos máis cerca deste outro país.

Si tes a oportunidade de vir a clase, xa o descubrirás con nós!

Espero que che gustara o vídeo do Bobodón. O que viches non foi todo o que fixemos en clase, falta a coreografía, pero reservámola para mostrarcha na festa de fin de curso, o Galinké Folí!

Con esto xa me despido, feliz semana!

P. D. Queres vir a clase e inda non te anotaches? Neste trimestre, non importan nin horarios nin lugares porque as clases serán ONLINE, polo menos mentres dure esta situación. Podes inscribirte aquí.

Ah, tampouco hai límite de prazas, así que tes praza asegurada (eso si, cando comecemos cas presenciais xa será outro conto)

P. D. 2 Comparte e difunde si che aptece, si che gustou o vídeo!

Próximas ocasións para bailar:

  • En abril comezamos trimestre novo, xa sabes que é o momento para incorporarte si non o puideches facer ata agora. Neste trimestre non hai límites nin de horarios nin de lugares, porque  as aulas serán ONLINE (en canto poidamos, retomamos presenciais eh!). Aquí podes facer a túa inscrición.
  • Información actualizada sobre os próximos cursos intensivos aquí.