Que vas facer este curso para alcanzar os teus obxectivos? Ensínoche dous exercicios para conseguilo

Que vas facer este curso para SI alcanzar teus obxectivos?

Para min, o verán é unha especie de decembro. Unha época ideal para reflexionar acerca de como foi o curso pasado.

Gústame pensar tanto no que foi ben como no que foi mal.

Cando penso naquelo que non conseguín facer como quería, aquelo que non alcancei, aquel propósito incumplido, analizo os motivos.

Ó contrario do que podería parecer, non é para fustigarme nin moito menos. Trátase de coñecerme para poñer remedio, sin culparme.

Son unha persoa que non se deixa arrastrar fácilmente e si hai algo que non me gusta, suelo atallalo.

Por que che conto todo isto? Obviamente non é para contarche a miña vida, se non para intentar que ti tamén consigas os teus propósitos o próximo curso.

Teño 33 anos e ao meu arredor hai moitas persoas que están na franxa dos 30 e 40. Temos algo en común.

O noso corpo (e máis si foches mamá) cambia moito a estas idades con respecto ós fantásticos 20.

Teño unha amiga que me advertiu, antes de eu cumplir os 30, que a partir desta idade chegaban dores que non sabías de onde viñan. Inda que non chegaron cos 30, chegaron cos 33; ela estaba no certo.

Non só aparecen as dores. Acumulamos graxa máis fácilmente, parece que nos imos atrofiando, perdemos axilidade. Perdemos tamén vitalidade e ilusión.

Non ten porqué ser así.

É cousa túa, mirar para outro lado como si os anos non pasasen. É cousa túa resignarte a vivir con dolor, cun corpo atrofiado, pouco áxil. É cousa túa ter 40 e aparentar ter 50.

É unha elección, é cuestión de prioridades.

Quizais ti sexas dxs que prefire vivir longo tempo de forma saudable e eres consciente do necesario que é facer algunha actividade física que te coide.

Sen embargo, pasa o tempo e nunca consigues implicarte?

Vouche axudar a que analices isto para que este curso sí o consigas! Imos facer dous exercicios!

É que me da moita raiba ver como ano tras ano, curso tras curso, algunhas persoas sempre teñen os mesmos comentarios: si… buf necesito comezar a facer exercicio PERO…

Fai unha semana, falaba cunha amiga que me dicía que as súas dores de espalda ían a máis, que precisaba reforzar a súa musculatura, xa incluso por recomendación dunha fisioterapeuta. Púxose a preparar as opos e non atopou tempo para continuar coas actividades que lle axudaban a remediar o seu problema.

Seguro que hai algo disto na túa vida (porque sempre hai algo disto na vida de todxs; eu inclúome), inda que cambiando “facer algo de exercicio” por xxx; cambiando “non tiven tempo” por xxx.

E comecei a facer con ela o razonamento que quero que fagas ti, para que non volva a pasar

Exercicio nº 1

Punto nº 1: identifica o obxectivo.

No exemplo anterior: facer exercicio.

Punto nº 2: identifica cal é o obxectivo REAL.

Si non tivera dores na espalda, non querería facer exercicio, así que o obxectivo real é DIMINUÍR AS DORES DA COLUMNA ou máis xeral, mellorar a súa saúde.

Punto nº 3: Canto de importante é importante para min alcanzar o OBXECTIVO REAL?

Sincérate.

Isto, parece de perogrullo, pero FNAME, todo é cuestión de prioridades.

Si tes dores na columna que non te deixan durmir e tes que estar de baixa, estou segura de que vas poñer remedio, xa!

Si tes dores pero podes facer unha vida normal e non estás concienciada da importancia e eficacia da prevención, vas ter outras cousas mellores que facer, como quedar no sofá mirando unha peli. Ou non? Ti sabes.

Punto nº 4: obstáculos.

Identifica que obstáculos che impediron alcanzar o teu obxectivo. Porque si REALMENTE queres alcanzalo, as trabas son obstáculos que hai que sobrepasar. Pero si non é real ese obxectivo, estes obstáculos son desculpas…

Punto nº 5: solucións.

Identificados os obstáculos, atopa as solucións. Apodérate do espírito de guerreirx. Si te dis que vas, vai!

Pero ollo, non se trata de darse de cabezazos contra cada obstáculo, se non de atopar as solucións. Si vas camiñando e hai un buraco moi grande no camiño, en lugar de tentar saltalo e caer na fosa, quizais sexa mellor opción, bordealo ?

Explícocho seguindo o caso da miña amiga: non tiña tempo.

A falta de tempo é case sempre unha DISCULPA máis que un obstáculo. Non hai tempo para todo, xa o sei, daquela hai que priorizar.

Volvemos aquí ó punto nº 3. Porque si esta amiga tivera unha rotura e precisara rehabilitación, ía atopar o tempo e a preguiza nin aparecería. Ves, cuestión de prioridades.

A preguiza… Isto é un obstáculo dos difíciles. Porque cando estamos ilusionadxs e cas pilas recargadas ou cando acabamos de pasar por unha enfermidade; pensamos que si, que imos a por todo.

Pero logo chega o inverno, o cansanzo, as opcións B cxs colegas… Así que analiza, quizais hai días que estás menos cansadx, quizais hai días nxs que o teu círculo está ocupadx.

Para vencer a preguiza, axuda moitísimo si te comprometes económicamente cunha actividade que che encante. Para min a danza supón que en lugar de pensar “Que pereza”, penso en “Cando chegará o día da semana de clase para poder bailar!”

Si o teu obstáculo é o diñeiro… Estou case segura de que é unha disculpa tamén. É verdade, hai moitas familias e persoas en situacións económicas moi limitantes.

Pero non me vale condición económica moi limitante si te vas de birras cxs colegas ou tódolos meses te regalas un capricho (que ollo, ambas me parecen estupendas, só que para min son indicativos de que tes unha economía que che permite algo máis que comer e pagar unha vivenda).

Si o teu OBXECTIVO é REAL, daquela estará nos primeiros postos da túa lista de prioridades e terás o diñeiro e o tempo para elo. Si te entusiasma terás as ganas.

E porque che conto todo esto si eu son profe de Danza Tradicional do Oeste de África?

Porque xustamente, me dedico a coidar da nosa saúde. Me dedico a xenerar corpos sanos, mentes áxiles e espíritos alegres.

Porque inda si ben a saúde é necesaria e imprescindible para levar unha vida plena, non invertimos abondo nela.

Temos unha visión cortoplaciesta para remediar as doenzas ou coidar a nosa saúde. De prevención xa nin falemos…

Os 30 e os 40, xa non son os 20 anos… Síntoo, pero é así 😉

Para finalizar, para que realmente o próximo curso non sexa un máis no que non conseguirás o que anhelas, propóñoche este segundo exercicio.

Exercicio nº 2

Precisas uns 15-20 minutos tranqui, sen interrupcións, sen móvil, facebook, emails…

Pecha os ollos. Comezas a visualizarte dentro dun ano sendo que neste curso, non conseguiches o que pretendías. Tes máis dores, gañaches peso, non deixaches de fumar e tes unha tos ben fea cada mañá, a túa enerxía está baixa…

Ti sabes cal é este cadro. Pensa, reflexiona e imaxina con todo luxo de detalles, non esquezas sentir as emocións que te invaden. Seguramente estarás de baixón, sinto facerche pasar por isto, pero axudarache.

Unha vez que teñas esta imaxe ben identificada, xa podes abrir os ollos. Respira aliviadx, NON é unha realidade.

Agora ven a parte boa. Igual, vas pechar os ollos e verte como estarás dentro dun ano. Pero neste caso, sí que alcanzaches o teu obxectivo. Subidón total! Tes o corpo áxil e sen dores, plena de enerxía e bo humor e todo o que ti sabes.

Ves cuan importante, REALMENTE importante é alcanzar este obxectivo?

Espero terche sido de axuda. Si coñeces a alguén que precise un empurrón reenvíalle este mail, comparte este post, este vídeo.

Si o teu este ano é comezar en Danza Tradicional do Oeste de África, podes anotarte na lista de aviso preferente. Recibirás un aviso, uns días antes de que abra “oficialmente” as inscricións. Así terás máis facilidades para ter a túa praza, xa que son limitadas. Tamén che mandarei a info detallada do curso e as novidades.

<<Viaxa á páxina do curso onde poderás inscribirte na lista de aviso preferente>>

O meu compromiso cxs alumnxs é para que reciban unha enseñanza de calidade, un exercicio que reforce o noso corpo, que nos manteña áxiles de mente e o espíritu rebosante de alegría. Non o consigo eu sola, teño unha axuda inestimable, a da percusión en directo!

Que teñas unha feliz semana!